Cooperativas de España, Francia e Portugal ábrese a China e Estados Unidos nun proxecto liderado por AGACA

Agaca
Por Agaca Outubro 29, 2019 16:25

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O proxecto europeo  AGROSMARTglobal facilitará a internacionalización de produtos de cooperativas de España, Francia e Portugal aos mercados de China e Estados Unidos mediante estratexias dixitais.
  •  O proxecto contempla, entre outros resultados, o establecemento de relación comerciais con China e Estados Unidos e o desenvolvemento de estratexias de márketing dixital, programas formativos e proxectos piloto de internacionalización.

La Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organizó esta mañana la jornada de presentación de AGROSMARTglobal.

logoAGROSMARTglobalAGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes del Sudoeste europeo. Conta cun presuposto total de 1.598.000,00 € e está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Busca el perfeccionamiento de la internacionalización digital en las cooperativas mediante el fortalecimiento de alianzas empresariales con China y Estados Unidos y mediante la  intercooperación entre las entidades participantes.

Busca o perfeccionamento da internacionalización dixital nas cooperativas mediante o fortalecemento de alianzas empresariais con China e Estados Unidos e mediante a   intercooperación entre as entidades participantes.

As dez rexións do espazo europeo  SUDOE que abarca o proxecto son: en España: Galicia, Castela-A Mancha, País Vasco e A Rioxa; en Francia: Nova  Aquitania e, en Portugal:  Norte, Algarve, Centro, Lisboa e  Alentejo.

As principais actividades de AGROSMARTglobal virarán en torno tres vertentes. Por unha banda potenciarase a capacidade de diferenciación dos produtos das cooperativas agroalimentarias e tratarase de definir medidas para protexer e promover as Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP) e as Denominacións de Orixe (DOP) nos mercados dixitais.

Doutra banda, crearanse servizos de apoio á internacionalización dixital, a través dunha plataforma  online onde acceder a ferramentas TIC e servizos de consultoría.  Tamén traballará coas cooperativas para introducir e posicionar os seus produtos en plataformas de comercio dixital  B2B e desenvolver misións comerciais a China e Estados Unidos onde establecer lazos empresariais.

Finalmente, deseñarase un programa formativo multidisciplinar e unha rede de  networking e  intercooperación entre as cooperativas participantes no proxecto, así como con entidades dos mercados de destino.

20191029-partenariado-AGROSMARTglobal-con-Francisco-Conde

El partenariado de AGROSMARTglobal con Franciso Conde (centro derecha), Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

El partenariado de AGROSMARTglobal con Franciso Conde (centro derecha), Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Partenariado do proxecto AGROSMARTglobal

Durante a xornada de presentación do AGROSMARTglobal, realizouse ademais unha presentación das entidades que desenvolveron o proxecto.

Fernando Aparicio, xerente de AMVOS, unha das entidades do parternariado de AGROSMARTglobal, explicou  algunhas das estratexias de marketing dixital para a internacionalización de produtos agroalimentarios que perseguirá AGROSMARTglobal, apoiando ás cooperativas para a súa inserción en plataformas de comercio electrónico: “Quen máis probabilidades de facelo con beneficio ten é quen ten o produto, porque chega ao consumidor con menos intermediarios e, por tanto, maior porcentaxe de ganancia.”

Durante o panel titulado Cooperación para a promoción e expansión das cooperativas agro-alimentarias do espacio SUDOE nos mercados internacionais dixitais  presentáronse as agrupacións de cooperativas que participan no proxecto:

– CONFAGRI (Portugal) agrupa entidades representativas de diferentes sectores produtivos ademais de proporcionar formación.

– Coop de France Nouvelle Aquitaine (Francia) promove diferentes selos relacionados tanto con estándares de calidade na produción de alimentos como de responsabilidade social empresarial das cooperativas, tales coma o selo Agriconfiance.

– Federación de Cooperativas de Euskadi apuntou que entre os retos que enfrontan as súas asociadas, que poderían reducirse a través da cooperación internacional, atópanse as políticas arancelarias e o transporte de determinados produtos.

– Cooperativas Agro-alimentarias de Castilla – La Mancha, pola súa parte, indicou que un proxecto que promova o uso de novas tecnoloxías para a comercialización chega nun momento propicio para a súa rexión. As cooperativas supoñen en Castilla La- Mancha máis do 41%  do valor total da produción agraria. De cada 100 euros que se moven a nivel económico no sector agroalimentario da rexión, 42 saen da achega que as mesmas cooperativas fan a ese valor da produción agraria. Desta maneira, queremos apoiar e impulsar o desenvolvemento comercial e internacional das nosas cooperativas, xa que Castilla-La Mancha é a rexión de toda España con menos densidade de poboación e isto sería un elemento clave para a sustentabilidade do medio rural.

No panel Vantaxes competitivas para a comercialización dos produtos agroalimentarios cooperativos: calidade, diferenciación e posicionamento interviñeron:

A Cámara de Comercio e Industria de Bayonne (Francia) argumentou a favor da internacionalizacón dixital, pois o consumidor actual está en Internet e é necesario saír ao seu encontro polo que é necesario incentivar a adopción dunha cultura web nas cooperativas.

– A Cámara de Comercio de La Rioja indicou que agrupándose e integrándose as cooperativas poden crecer en visibilidade e intercambiar habilidades e coñecementos, incluso no caso daquelas especializadas nunha fase concreta da cadea de valor.

– AREPO (Francia) identifícase como un lobby francés de rexións e asociacións de produtores que trata con produtos de orixe con certificado de calidade.  Parte do seu traballo céntrase na protección das IXP en Internet, posto que, como apuntan, na actualidade calquera empresa privada pode adquirir un dominio co nome dunha identidade xeográfica protexida ou denominación de orixe.

– Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro  (Portugal) centrouse na importancia da embalaxe para atraer ao consumidor. Prefírense os que indican valores éticos, calidades saudables do alimento, apelan ao benestar, destacan que os produtos son “libres de”e os chamados clean labels.

29/10/2019

Agaca
Por Agaca Outubro 29, 2019 16:25
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*