Cooperativas Agro-alimentarias de España traslada en Bruxelas a crise do sector cunícola

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2016 11:02

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Cooperativas Agro-alimentarias de España expuxo en Bruxelas a situación de crise que está a atravesar o sector cunícola, cuns prezos pagos aos produtores por baixo dos custos de produción. Esta situación está a causar importantes perdas aos cunicultores, entre eles os socios das cooperativas, e unha descapitalización absoluta de toda a cadea de valor, xa que o sector transformador tamén se está vendo afectado significativamente.

Cooperativas Agro-alimentarias de España participou na reunión do Grupo de Traballo de ovos, avicultura e cunicultura do COPA-COGECA así como no Grupo de Diálogo Civil da Comisión celebrados esta semana. En ambos os foros solicitouse ademais, unha maior implicación das institucións europeas en sectores como o cunícula, que aínda que non son igualmente representativos en todos os Estados membro, si son importantes nalgúns países como España, para o sostemento da economía rural especialmente, en lugares onde outras producións maioritarias teñen unha menor posibilidade de implantación.

Dende Cooperativas Agro-alimentarias de España trasladouse a necesidade de poñer en marcha de forma inmediata as escasas ferramentas dispoñibles na PAC para superar esta situación de crise.

Así mesmo, Cooperativas Agro-alimentarias de España solicitou incluír ao coello na listaxe de sectores en crise, de modo que, entre outras posibilidades, puidese acollerse a unha liña específica de promoción cunha maior porcentaxe de financiamento, como ocorre este ano co porcino ou o leite. A este respecto defendeuse a importancia de incentivar o consumo desta carne entre os consumidores, tanto no curto prazo para afrontar a actual crise, como no medio-longo prazo para manter e incrementar o número de consumidores, xa que se observa unha tendencia negativa no consumo debida aos novos hábitos de vida.

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2016 11:02
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*