Cooperativas Agro-alimentarias de España considera que é un paso decisivo para loitar contra as prácticas comerciales desleais na UE

Agaca
Por Agaca Abril 12, 2018 13:35

ACTIVIDADES

Abril 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

Ante a propsta de directiva da Comisión Europea

Cooperativas Agro-alimentarias de España considera que é un paso decisivo para loitar contra as prácticas comerciales desleais na UE

  • A proposta toma como base a Lei española para a Mellora da Cadea Alimentaria e inclúe unha lista de prácticas comerciais prohibidas entre provedores e compradores, un conxunto de regras mínimas e unha coordinación entre as autoridades de control.

20180412_practicas_comerciales-desleales_phil-hoganCooperativas  Agro-alimentarias de España aplaude a proposta da Comisión Europea, presentada polo comisario  Phil  Hogan, que propón un marco europeo mínimo para controlar as prácticas comerciais desleais (PCD) a través de órganos públicos independentes con capacidade de sancionar, investigar de oficio e recibir denuncias anónimas.

A partir de agora os Estados membros están obrigados a aplicar a directiva na súa lexislación nacional nun prazo máximo de dous anos e deberán crear unha autoridade de control independente. O control das prácticas comerciais desleais implicará unha maior transparencia do mercado comunitario e evitará comportamentos comerciais xa prohibidos que non estaban a ser fiscalizados, como a moura nos pagos de produtos frescos en máis de 30 días. Tamén impulsará unhas relacións comerciais máis leais e unha mellora no funcionamento do mercado, que será máis sustentable para operadores e consumidores.

Con todo, a xuízo de Cooperativas  Agro-alimentarias de España, a proposta ten marxe de mellora porque limita a aplicación da normativa ás relacións entre un provedor PEME e un comprador non PEME, cando as prácticas comerciais desleais tamén se dan entre empresas que xa superaron a dimensión PEME e seguen tendo unha relación de gran dependencia cos seus clientes.

Cooperativas Agro-alimentarias de España insistiu na necesidade de introducir na directiva como práctica comercial desleal a venda a perdas, principal práctica desleal que sofre o sector agroalimentario e que necesita cobertura xurídica a nivel UE. Tamén é necesario establecer un mecanismo eficaz para dirimir e investigar as prácticas comerciais desleais que se produzan nas transaccións comerciais que afecten a varios países da UE.

Tras máis de dez anos de debate institucional e de traballo, nos que participou Cooperativas  Agro-alimentarias de España coa Comisión, o Parlamento Europeo e o COPA- COGECA, esta iniciativa de directiva supón un paso decisivo para establecer un marco europeo común no control público e independente das prácticas comerciais, recoñece a existencia das prácticas comerciais desleais e a escasa eficacia dos enfoques de regulamentación exclusivamente voluntarios.

Cooperativa Agro-alimentarias de España continuará traballando coa Comisión Europea, o Parlamento Europeo e o Consello para mellorar algúns puntos da mesma e para que entre en vigor canto antes..

12/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 12, 2018 13:35
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*