Cooperativas Agro-alimentarias de España considera imprescindible traballar en plans de continxencia para o sector ante o Brexit

Agaca
Por Agaca Xaneiro 17, 2019 11:50 Actualizado

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

 

Ante o rexeitamento ao acordo do Brexit do Parlamento Británico

Cooperativas Agro-alimentarias de España considera imprescindible traballar en plans de continxencia para o sector agroalimentario

  •  Tras o rexeitamento antonte do Parlamento británico, con 432 votos en contra e 202 a favor, do Acordo de retirada do Brexit negociado entre a Comisión Europea e o Goberno británico, Cooperativas Agro-alimentarias de España lamenta o resultado que alimenta unha maior incerteza. A partir deste momento é necesario que os sectores económicos españois, incluído o agroalimentario, se preparen para o peor dos escenarios e prevexan plans de continxencia ante a posibilidade real dun Brexit sen acordo.

CAE LogoO Acordo rexeitado, asinado entre a UE e o Goberno británico, daba seguridade ao sector agroalimentario, xa que establecía un período transitorio de 2 anos, ata o 31 de decembro do 2020, que mantería o status quo, xa que o Reino Unido permanecería no mercado único europeo respectando a libre circulación de persoas, produtos, capitais e servizos.

Un Brexit sen acordo implicará que o Reino Unido pasará a ser considerado país terceiro a partir do 30 de marzo. Este feito terá graves consecuencias para o sector agroalimentario español porque o Reino Unido é un dos nosos principais mercados, e significará a aplicación de aranceis ás exportacións agroalimentarias, controis en fronteira, declaracións de aduanas, cambio nos contratos en vigor entre operadores etc., o que pode provocar un colapso nas exportacións ao Reino Unido, e este podería sufrir importantes cortes no abastecemento, altamente dependente da UE.

En 2017, segundo datos do MAPA, o Reino Unido foi o quinto destino das nosas exportacións tras Francia, Alemaña, Italia e Portugal representando o 8% do total das nosas exportacións. Este mercado é especialmente importante para produtos clave da agricultura española como as froitas e hortalizas frescas, viño, aceite de oliva e carne de porco. Pero non só habería importantes consecuencias para as nosas exportacións directas, senón para o resto dos produtos, xa que, se outros países non poden exportar a Reino Unido, as súas producións quedarían no mercado interior europeo afectando a todos os países. Ademais, segundo varios estudos de impacto, España é un dos países tras Irlanda e Holanda, máis afectado por un Brexit sen acordo.

Cooperativas Agro-alimentarias de España valora o labor da Comisión Europea, co seu negociador xefe, Michel Barnier á cabeza, para alcanzar un acordo que primou a salvagarda do mercado único da UE, vital para o sector agroalimentario, e que lamentablemente o goberno británico rexeitou. A Comisión Europea sinalou a súa intención de non renegociar o acordo e espera que o Reino Unido aclare a súa postura.

Os Estados membros e os actores económicos da UE están a poñer en marcha plans de continxencia para o caso de non acordo. Neste sentido, Holanda está a ampliar as instalacións do porto de Roterdam para afrontar as colas de camións e barcos que terían que esperar a ser inspeccionados, contratando 750 novos axentes de aduanas etc. Pola súa banda, o Goberno de España puxo a disposición dos sectores económicos unha web con información en caso de non acordo. http://www.lamoncloa.gob.es/brexit/paginas/index.aspx

Desde Cooperativas Agro-alimentarias de España consideramos necesario que as empresas e as cooperativas afronten seriamente o peor dos escenarios, que é un  Brexit sen acordo. Tamén facemos un chamamento ás institucións, comunitarias e españolas para que teñan en conta o importante impacto que se producirá no sector agroalimentario se ao final esta situación se chegase a producir.

 

17/01/2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 17, 2019 11:50 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*