Cooperativas Agro-alimentarias de España aplaude o fallo xudicial que valida as estacións de servizo automáticas

Agaca
Por Agaca Febreiro 26, 2019 15:20

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • É a segunda vez que as instancias xudiciais respaldan o modelo de distribución de carburantes en formato automático

logo_cae_wb_a-ras

Para Cooperativas  Agro-alimentarias de España é unha importante vitoria na defensa do modelo automático. O Tribunal Supremo confirmou a Sentenza de Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares (TSXB) do 31 de xaneiro de 2017 que declaraba nulo o artigo 7 do Decreto Balear 31/2015, que esixía a presenza dun empregado en toda estación de servizo en Baleares, o que viña eliminar a posibilidade de establecer o modelo de estacións automáticas.

As cooperativas contan con 700 estacións de servizo que levan distribuíndo carburantes dende hai 30 anos como servizo aos seus socios. En xeral, estas instalacións atópanse situadas en contornas rurais, onde os índices de poboación son máis baixos e, co obxectivo de garantir a sustentabilidade do servizo, adóitase optar por un sistema de gasolineira que non obrigue a ter persoal de atención ao cliente durante as 24 horas. Este modelo, que en Europa foi defendido pola Comisión Europea e en España pola  CNMC e a Secretaría do Consello de Unidade de Mercado, ten unha importante implantación en países como Dinamarca, Finlandia e Suecia, onde supera o 50% do total.

Josep Lluís  Escuer, presidente do Grupo de Traballo Carburantes de Cooperativas  Agro-alimentarias de España, fai unha valoración moi positiva das implicacións da decisión do Tribunal Supremo porque entende que, esta vez, o Tribunal Supremo “si tivo en conta a importancia do modelo automático, en particular a necesidade de protexelo ante o desexo dalgunhas Comunidades Autónomas de aniquilalo e prexudicar, non só ao noso sector agropecuario e ao mundo rural, onde a presenza de persoal de maneira permanente é inasumible, senón a todos os consumidores.”

O Executivo balear apelaba á normativa autonómica sobre os dereitos do consumidor para impoñer a condición de que estas estacións dispuxesen da presenza permanente dun traballador. Con todo, o  TSXB, como dicimos, xa anulou este artigo do Goberno autonómico ao entender que invadía competencias do Estado, e o Tribunal Supremo vén de ratificar nese sentido, respondendo negativamente á cuestión suscitada polo Goberno Balear.

O Tribunal Supremo asevera que o Estado é o único axente con capacidade para ditar normas  substantivas para a planificación xeral da actividade económica e as bases do réxime enerxético. Así, e respondendo con rotundidade ás alegacións expostas dende o Goberno balear e as Asociacións de Estacións de Servizo, os maxistrados conclúen que ningunha normativa autonómica pode ir en contra dunha lei estatal e moito menos pode invadir as súas competencias, como é o caso das condicións que se impoñen  artificiosamente para impedir o desenvolvemento deste formato de gasolineiras.

Para Cooperativas  Agro-alimentarias de España esta sentenza é moi importante cara á normativa sobre estacións de servizo desatendidas que diferentes Comunidades Autónomas, ao amparo das súas competencias en materia de protección de consumidores, están a tramitar, e que non poden  desnaturalizar o modelo de estacións de servizo automático que ampara a normativa estatal de hidrocarburos e que a sentenza do Tribunal Supremo confirmou.

26/02/2019

Agaca
Por Agaca Febreiro 26, 2019 15:20
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*