Cooperativas Agro-alimentarias de España alerta sobre as consecuencias de non acadar un acordo sobre o Brexit

Agaca
Por Agaca Xuño 16, 2020 10:41

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • Ante a decisión oficial de Reino Unido de non pedir unha extensión do período transitorio.

Cooperativas Agro-Alimentarias de España lamenta o escaso avance na negociación entre Reino Unido e a Unión Europea, tras a última das catro roldas celebrada a primera semana de xuño. A Comisión Europea quere ter un acordo antes do 31 de outubro para a súa ratificación o 1 de xaneiro de 2021, restan apenas catro meses e aumenta o risco dun Non acordo, situación moi negativa para ambas as partes, que afecta non só aos cidadáns e ás empresas, senón a políticas tan importantes como cooperación, exterior ou xudicial, e que provocará unha gran disrupción no comercio tras 40 anos de adhesión á UE.

Para Cooperativas Agro-alimentarias de España existe un risco real de non alcanzar un acordo. A aplicación de aranceis, cotas, controis, diferentes normas sanitarias e fitosanitarias etc. pode ser unha realidade en breve, cun impacto importante nas exportacións agroalimentarias españolas cara a un dos seus principais mercados, o que suporía un novo golpe para algúns sectores afectados pola COVID-19. Por este motivo, consideramos que a Unión Europea debe prever medidas de apoio ao sector agroalimentario, porque, con independencia dos plans de continxencia, a disrupción do comercio co mercado británico podería superar todas as previsións.

Reino Unido comunicou oficialmente a súa decisión de non solicitar a extensión do período transitorio. Ademais, tampouco acepta a proposta da UE de establecer 0 cotas e 0 tarifas para o tránsito de bens e, ata agora, unha converxencia en normas medioambientais, sociais, axudas de estado e competencia chamado Level Playing Field, que establece una competencia leal entre ambas as partes. Esta proposta é a máis ambiciosa tras o estatus de Estado membro e similar á situación de Noruega, pero foi rexeitada por Reino Unido, que propón un acordo comercial tipo CETA, con consecuencias negativas no comercio actual, en especial para o sector agroalimentario.

Reino Unido informou de que a partir do 1 de xaneiro de 2021 establecerá tres fases no control de mercadorías que cheguen dende a UE, retrasando uns meses a adopción completa de controis a todos os produtos importados. Na primeira fase, de xaneiro a marzo, o control será suave, a excepción dalgúns produtos de risco coma alcohol e tabaco. Nunha segunda fase, de abril a xullo, haberá controis a todos os produtos de orixe animal (carne, ovos, mel, produtos lácteos, produtos que deben ter unha pre-notificación das autoridades). Finalmente, dende xullo todos os produtos estarán suxeitos a controis de declaración de aduanas e aranceis no punto de importación, o cal dependerá do acordo final, se se acadase. O Reino Unido tamén anunciou o seu novo Réxime Arancelario post-Brexit, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021 en caso de Non acuerdo, con aranceis importantes ás principais exportacións españolas como viño, aceite oliva, froitas e hortalizas e produtos cárnicos.

Nunha videoconferencia celebrada onte entre a presidenta da Comisión, Ursula Von der Layen, o presidente do Consello da UE, Charles Michel, o presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, e o primeiro ministro británico, Boris Johnson, decidiuse acelerar as negociacións con reunión físicas cada semana co compromiso de ambas as partes de alcanzar un acordo.

Incluso a pesar dun acordo entre a UE e o Reino Unido, as relacións comerciais cambiarán pola existencia dunha fronteira nova que implicará maiores custos loxísticos e burocráticos.

O Reino Unido é un dos principais mercados para os produtos agroalimentarios españois: representa o 11% do noso comercio coa UE. Nalgúns produtos este mercado é especialmente importante: representa en valor das nuestras exportaciones en froitas (12%), hortalizas (15%), viño (18%), arroz (22%); en aceite de oliva e aceituna de mesa, España é o primeiro provedor. Tamén o é para produtos gandeiros onde, de media, o Reino Unido representa arredor do 5% das nosas exportaciós. Porén, máis alá das afectacións directas, existe un risco grave de disrupción do mercado interior porque as exportacións do resto de países da UE que non se destinen ao Reino Unido acabarían no mercado único afectando a todos os países.

 

16/06/2020

 

Agaca
Por Agaca Xuño 16, 2020 10:41
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*