Cooperativas Agro-alimentarias de España adhírese ao Código de Boas Prácticas

Agaca
Por Agaca Febreiro 19, 2016 14:39

COMUNICADO DE PRENSA

  • Cooperativas Agro-alimentarias de España adhírese ao Código de Boas Prácticas, tal e como anunciou o seu presidente, Ángel Villafranca o pasado 24 de novembro tras a firma no Ministerio de Agricultura.

Para Cooperativas Agro-alimentarias de España o Código é un bo instrumento que contribuirá a mellorar as relacións comerciais na cadea alimentaria, que deberán axustarse aos principios e regras que contén e á utilización dos sistemas de resolución de conflitos que poidan xurdir nas devanditas relacións, seguindo os procedementos que o propio Código establece.

Trátase dun Código voluntario, por tanto, é unha guía para axudar a aqueles que queren facer ben as cousas. O documento recolle 50 cláusulas, e o seu éxito ou fracaso vai depender en boa medida do número de operadores que o subscriban. Por iso, desde Cooperativas Agro-alimentarias de España imos recomendar ás cooperativas que o subscriban para contribuír a mellorar a relación cos seus clientes e provedores.

O Código é a parte de auto-regulación que complementa as disposicións regulatorias, (prohibicións de prácticas abusivas, réxime sancionador e autoridade de control -AICA), establecidas pola Lei de Mellora do Funcionamento da Cadea Alimentaria.

Cooperativas Agro-alimentarias de España valora o traballo de todas as institucións e organizacións representativas que participaron na negociación do contido do Código o MAGRAMA, ASAJA, COAG, UPA, Cooperativas Agro-alimentarias de España, da industria, FIAB e da distribución -ASEDAS, ACES, ANGED, así como o MINECO e as CCAA.

Agaca
Por Agaca Febreiro 19, 2016 14:39
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*