Cooperativas Agro-alimentarias Castilla – La Mancha, decepcionada coa falta de apoio de Martínez Arroyo á vertebración dos produtores

Agaca
Por Agaca Xuño 9, 2016 13:17

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
COMUNICADO DE PRENSA: COOPERATIVAS AGRO-ALIMENTARIAS CASTILLA LA-MANCHA
  • Non hai ningunha medida de apoio á integración comercial das cooperativas, tal e como anunciou o conselleiro.

logo_coops_agroalimentarias_CLMO 6 de xuño publicouse no Diario Oficial de Castela-A Mancha, a Orde de bases reguladoras das axudas á incorporación de persoas mozas, apoio aos investimentos en explotacións agrarias e en materia de regadíos, sen ningunha medida de apoio á integración comercial das cooperativas, como se comprometeu o conselleiro Francisco Martínez Arroyo, mediante medidas de discriminación positiva (prioridade e maiores axudas) para os socios de cooperativas integradas en grupos de gran dimensión cualificados como Entidades Asociativas Prioritarias, de ámbito autonómico e supra autonómico (EAPIR e EAP).

O consello reitor de Cooperativas Agro-alimentarias Castilla-La Mancha recibiu con sorpresa e decepción, o texto final da orde, ao entender por unha banda que a Consejería de Agricultura, Medio Ambiente y Desarrollo Rural desaproveita unha gran oportunidade para fortalecer comercialmente ás cooperativas (as empresas dos produtores) e sobre todo polo incumprimento dos compromisos do conselleiro Francisco Martínez Arroyo coa propia organización, enunciados publicamente en diversos medios.

Na última década, en Castela-A Mancha o número de persoas mozas diminuíu practicamente un 9%, fundamentalmente a consecuencia da falta de expectativas laborais para afrontar con garantías a súa saída ao mercado laboral. A taxa de paro de mozos e mozas menores de 25 anos supera o 50% e ao mesmo tempo só o 21% das persoas socias das nosas cooperativas teñen menos de 45 anos.

Así mesmo, a modernización das nosas explotacións é fundamental para mellorar a súa competitividade e garantir a súa viabilidade, incorporando innovación, adaptación ao mercado e facendo compatible estes obxectivos cunha xestión sustentable dos recursos naturais, respectuosa co medio ambiente e a seguridade alimentaria.

Sendo quizais a Orde máis importante para os agricultores e gandeiros, incluídos os 150.000 socios de cooperativas da nosa rexión, ao noso entender era perfectamente compatible lexislar para abordar estes problemas, con asentar medidas que favorezan as decisións que teñen que tomar os socios nunha asemblea da súa cooperativa, sobre a súa incorporación a un proxecto de integración.

Ata agora o Conselleiro enchera discursos e discursos manifestando o seu apoio á integración das cooperativas como panca para a mellora da competitividade das mesmas, pero agora tocaba pasar das palabras aos feitos e desgraciadamente os feitos non se produciron e de novo as palabras levoullas o vento.

Agaca
Por Agaca Xuño 9, 2016 13:17
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*