COOPERATIVAS

A cooperativa é unha empresa de propiedade conxunta que realiza actividades socioeconómicas coa participación activa dos socios, distribuíndo os resultados en función da actividade realizada.

O cooperativismo é un piar fundamental do eido agroalimentario galego. Hai actualmente 342 cooperativas agrarias activas na nosa comunidade autónoma. A multiplicidade de entidades fai que, a pesar da cantidade de xente implicada, non se acaden sempre os resultados óptimos en canto a facturación ou innovación. A colaboración reduce este obstáculo dando máis forza ás cooperativas para negociar en calquera esfera.

Os produtos das cooperativas incorporan un valor engadido que os diferenza do resto do mercado.

Máis aló dunha marca diferenciada, máis aló dunha calidade indiscutible, os produtos cooperativos ofrecen o valor da proximidade. Son reflexo claro das oportunidades de crecemento, de porvir profesional e económico que o cooperativismo representa en lugares onde outro tipo de empresas non ten cabida.

O consumidor debe ser capaz de recoñecer ese valor, de ver que cando merca un produto cooperativo está mercando tamén futuro para Galicia.

Como Asociación, AGACA agrupa ás cooperativas adquirindo unha maior dimensión representativa a nivel comercial, identitario e institucional.
No cadro pódense consultar as cooperativas con actividade que forman parte de AGACA distribuidas por áreas sectoriais.