Cooperar xogando e almorzar coidándose no Santa María do Castro

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2020 14:08

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) realizou esta mañá o taller “Almorzos Cooperativos” co alumnado do CEIP Santa María do Castro (Cabo de Cruz).
  • A actividade enmárcase na Rede Eusumo.

20200306_Eusumo_Almorzo-Sta-M-Castro-Boiro-wb

Estudantes de terceiro e cuarto de primaria do colexio Santa María do Castro, en Cabo de Cruz (Boiro), participaron esta mañá nun dos obradoiros do ciclo “Almorzos Cooperativos”, que promove a alimentación sa e dá visibilidade ao rol das cooperativas na produción alimentaria. Preto de 400 escolares de toda Galicia participaron no ciclo este ano.

Durante a actividade María Fernández, nutricionista, recomendou opcións para almorzar saudable e variadamente, como limitar os alimentos procesados e os zumes -mesmo os naturais- en favor de produtos coma froitas de tempada e lácteos. Tamén animou ao alumnado a cociñar e probar novos sabores, ofrecendo combinacións equilibradas de alimentos cos que preparar torradas.

Como exemplo realizouse unha degustación de leite, mandarinas e pan con aceite.

O concepto de cooperativismo explicouse mediante xogos deseñados para promover a colaboración entre participantes, así como mediante un cómic que recibiu cada estudante.

Microrrelatos

Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo promoven concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria. O seu obxectivo é fomentar a escritura e o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases aquí  ou chamando ao 981 584 783.

Rede Eusumo

Esta actividade se enmárcase  no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

LOGOS-EUSUMO-2020

 

06/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2020 14:08
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*