Convocatoria aberta para o programa de asesoramento empresarial “Transfórmate e crece”, do proxecto LACES

Agaca
Por Agaca Xullo 8, 2019 15:39

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

AGACA, como  entidade representativa do cooperativismo agroalimentario en Galicia e integrada por cooperativas con distintas actividades agrarias, ten dentro dos seus obxectivos promover e divulgar a fórmula cooperativa como modelo empresarial e mellorar a xestión e funcionamento das cooperativas que asocia.

Como consecuencia, e dentro do Programa Transfronteirizo “Transfórmate e crece”, márcase  como obxectivo ofrecer un servizo de apoio e asesoramento a empresas, que inclúe dúas tipoloxías de intervención:

  1. Servizos de apoio a empresas mercantís para súa transformación en organizacións de economía social
  2. Servizos de apoio aos procesos de desenvolvemento de empresas de economía social

As intervencións a realizar corresponden a servizos de consultaría especializada, mediante unha metodoloxía orientada á obtención de resultados e ao deseño de accións concretas en cada organización destinataria para acadar os obxectivos, coa participación activa dos seus dirixentes.

Temáticas de Intervención Prioritarias:

  • Organización, planificación e control de xestión
  • Avaliación de impacto
  • Marketing e comunicación
  • Financiamento e xestión económica
  • Liderado e xestión de persoas
  • Sistemas e tecnoloxías de informacións e comunicación
  • Innovación e emprendemento
  • Modelos de estratexia e creación de valor

O prazo para solicitar este servizo de asesoramento abrangue dende o 9 de xullo ao 15 de setembro de 2019.

As persoas interesadas poden consultar máis información sobre o proxecto LACES e sobre Transfórmate e crece e tamén  encher o Formulario electrónico de solicitude

Teléfono e e-mail de consulta e información: 981 584 783  De 9:00 a 14.00 horas, de luns a venres. Loli Couso: loli@agaca.coop

PROXECTO LACES

interreg-laces-perfil-contratanteO proxecto LACES: Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social ten como obxectivo contribuír á promoción e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para lograr un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar empregos. Está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Este obxectivo pretende ser alcanzado a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso das empresas de economía social na área transfronteiriza. Asimismo, o proxecto LACES actuará como fonte de coñecemento e innovación para modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas e o emprego de calidade na eurorrexión.

Agaca
Por Agaca Xullo 8, 2019 15:39
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*