Convocados os Premios Cooperativas Agro-alimentarias de España

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2016 19:41
  • Cooperativas Agro-alimentarias convocou os Premios Cooperativas Agro-alimentarias de España 2016, nas categorías de Innovación, Igualdade de Oportunidades e Cooperativa do Ano. O prazo de presentación de candidaturas acaba o próximo 1 de abril.

wb_premios_CAEOs Premios Cooperativas Agro-alimentarias de España destacan o labor dunha cooperativa nun ámbito concreto e teñen como obxectivo comunicar á sociedade os valores e comportamentos que como Organización queremos fomentar a través de exemplos concretos. Na edición de 2016, establecéronse as seguintes categorías: Innovación, Igualdade de Oportunidades e Cooperativa do Ano.

Na categoría Innovación, recoñeceranse os méritos das cooperativas que destacaron en innovación en materia de produción agraria, procesos de transformación, novos produtos e organización empresarial.

Na categoría de Igualdade de Oportunidades, premiaranse as iniciativas postas en marcha para fomentar a participación de socias nos Consellos Reitores e as de apoio ao emprendemento posto en marcha por mulleres da cooperativa.

Finalmente, no apartado de Cooperativa do Ano recoñecerase á cooperativa que destacase nalgunha iniciativa relevante en aspectos sociais, económicos e ambientais.

O acto de entrega de Premios ás cooperativas que resulten gañadoras en cada categoría, realizarase o próximo día 26 de maio en Madrid, coincidindo coa Asemblea Xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Candidatos
Poderán optar a este premio as cooperativas agroalimentarias, pertencentes a calquera dos sectores, independentemente do seu tamaño, que cumpran todos os requisitos establecidos nas bases que para esta convocatoria definíronse. Para a presentación, deberán contar co aval dalgunha das Federacións de Cooperativas (FUTs) rexionais pertencentes a Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Descargar formulario de inscrición

Máis información (en español): www.agro-alimentarias.coop

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2016 19:41
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*