Convención nacional de Cooperativas Agro-alimentarias, 26 e 27 de abril: Retos e Oportunidades do Cooperativismo Español

Agaca
Por Agaca Abril 12, 2018 12:55

ACTIVIDADES

Setembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • Cooperativas Agro-alimentarias de España organizou unha convención nacional de cooperativas os próximos días 26 e 27 de abril no auditorio Víctor Villegas de Murcia. Espérase que o evento reúna a máis de 400 representantes de cooperativas, de todos os sectores e de toda a xeografía do país, xunto a destacados expertos de ámbito nacional e internacional.

20180426-27_CAE_convencion_MurciaA Convención pretende poñer o foco e debater conxuntamente sobre cales son as cuestións que máis importan actualmente ás cooperativas españolas, como o futuro da UE e de Política Agraria Común, as perspectivas económicas a curto e medio prazo ou as tendencias de consumo. Para iso, tamén se desenvolverán tres obradoiros simultáneos de expertos, na tarde do día 26, nos que se analizarán as tendencias en produción agraria, na industria agroalimentaria, e nos mercados e a comercialización.

Destacar o alto nivel dos relatores e expertos que intervirán na Convención, entre eles, o secretario xeral de Agricultura e Alimentación do MAPAMA, Carlos Cabanas; o vicepresidente do Parlamento Europeo, Ramón Luís Valcárcel; Jorge García Reig, da Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda; Anna Campos, economista do Servizo de Estudos de CaixaBank; Mauricio García de Quevedo, director de FIAB; ou José Luis Molina, presidente Agro de AMETIC… por citar só algúns.

Está prevista tamén a intervención por videoconferencia do comisario de Agricultura da Unión Europea, Phil Hogan, ademais da presenza do presidente e do conselleiro de Auga, Agricultura e Pesca da Región de Murcia, Fernando López Miras e Francisco Jódar, respectivamente.

A Convención conta co patrocinio de Cajamar, CaixaBank, Syngenta, Repsol, Sigfito, FMC, Agropelayo, Basf, Baywa, AFCO, Certifood e Agroseguro e a colaboración do Goberno da Región de Murcia.

O programa da Convención pode consultarse en: http://www.agro-alimentarias.coop/ficheros/doc/05627.pdf

 

Agaca
Por Agaca Abril 12, 2018 12:55
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*