Condes de Albarei inicia mañá o ciclo 2016 de Xornadas de fomento da igualdade “Atrévete Contigo Mesma”

Agaca
Por Agaca Xaneiro 12, 2016 14:28

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A adega de Cambados acolle mañá a primeira das Xornadas “Atrévete Contigo Mesma” de 2016, organizada por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa”.
  • Susana López, secretaria xeral de Igualdade, estará na inauguración.
  • Técnicas de AGACA especializadas en Igualdade e en coaching traballarán coas socias para favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no acceso aos cargos de responsabilidade das cooperativas.

Atrevete_Contigo_Mesma

Socias da bodega cambadesa Condes de Albarei participarán mañá na Xornada “Atrévete Contigo Mesma”, que ten por obxectivo fomentar a participación das mulleres cooperativistas nos órganos de decisión.

A iniciativa “Atrévete Contigo Mesma” que, en 2015, colleitou un grande éxito de participación —máis de 300 mulleres asistiron ás 7 actividades celebradas en novembro e decembro—, achega claves para fomentar o acceso das socias a postos de responsabilidade das cooperativas, evitando que se desaproveite a capacidade empresarial de preto da metade da súa masa social.

Implicación social
AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan a iniciativa “Atrévete Contigo Mesma” como parte das súas actividades en prol da igualdade de xéneros. Ata o de agora, sete cooperativas das provincias de A Coruña e Lugo participaron xa nas xornadas “Atrévete Contigo Mesma”, cunha media de 50 participantes por sesión. Continúase a traballar para organizar xornadas tamén en Ourense e Pontevedra, nos vindeiros meses.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 12, 2016 14:28
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*