Condes de Albarei divulga valores cooperativos entre estudantes

Agaca
Por Agaca Abril 3, 2019 15:16

ACTIVIDADES

Xuño 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A adega Condes de Albarei (Cambados) acolleu esta mañá ao alumnado da EFA Fonteboa (Coristanco), que participou nun obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida pola Secretaría Xeral de Emprego para impulsar a economía social e o cooperativismo como modelo de negocio de éxito.

20190403_Eusumo_EFA_Fonteboa_Condes-Albare

A adega cooperativa Condes de Albarei recibíu esta mañá a 44 estudantes do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, como parte dun obradoiro de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, da Rede Eusumo, para aprender as características do cooperativismo como modelo de negocio con posibilidades de manterse con éxito no medio rural, en calquera rama produtiva ou de servizos.

Estes obradoiros impartidos por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), destacan como valores positivos das cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Condes de Albarei

Durante un percorrido polas instalacións do Pazo Baion persoal da adega explicou aos participantes, ademais de como se producen os viños, a súa traxectoria para manterse e medrar no mercado á par que as iniciativas que emprende para mellorar o entorno sociocultural.

 Rede Eusumo

Estas actividades enmárcanse no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

03/04/2019

Agaca
Por Agaca Abril 3, 2019 15:16
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*