Condes de Albarei despide o Bus do Viño e recibe á asociación de Atrofia Muscular Espinal

Agaca
Por Agaca Agosto 28, 2015 11:19

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Claves

  • O último Bus do Viño rematou o 27 de agosto en Condes de Albarei con visitantes de varias nacionalidades
  • Cincuenta membros de GaliAME participarán o día 29 nunha xornada de actividades na bodega

Artigos relacionados

28/08/2015

  • Un grupo de visitantes de diferentes países participou onte nun percorrido polas instalacións de Condes de Albarei, chegados a bordo do Bus do Vino
  • O día 29 un grupo de familias de GaliciAME, asociación da Atrofia Muscular Espinal, participará nunha xornada con actividades para nenos e adultos centradas na produción vitivinícola

Condes de Albarei

O 28 de agosto o último Bus da Ruta do Vino 2015 recalou en Condes de Albarei cun grupo de enoturistas de diversas nacionalidades. Os visitantes recibiron explicacións sobre o xeito de elaborar o viño e sobre as súas características nun percorrido pola bodega, seguido dunha cata do Albariño Condes de Albarei, que definiron como “fresco, con notas de flores brancas en nariz, cítricos, e destacando un punto salino”.

Responsabilidade Social Corporativa

Ademais, GaliciAMe escolleu a bodega como lugar para clausurar o Encontro de Convivencia Nacional de Familias AME (atrofia muscular espiñal), no que intervirán medio centenar de persoas. Condes de Albarei organizou actividades para dar a coñecer as orixes dos seus caldos aos nenos e adultos de GaliciAME, de acordo coa “filosofía de Condes de Albarei que abandeira a unión, o esforzó e a responsabilidade social corporativa exemplar”, segundo os representantes da entidade.

Agaca
Por Agaca Agosto 28, 2015 11:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*