Condes de Albarei contribúe á reciclaxe de máis de 800.000 kilos de residuos

Agaca
Por Agaca Maio 18, 2020 11:36

NOTA DE PRENSA: CONDES DE ALBAREI

  • A bodega Condes de Albarei reforza ano tras ano o seu compromiso co coidado da contorna para potenciar un futuro máis próspero e seguro.

condes_de_albareiCoa celebración este domingo do Día Mundial da Reciclaxe cabe recordar que o futuro pasa por coidar e protexer a nosa contorna. Dende Condes de Albarei traballan en potenciar actividades e proxectos que promoven o coidado e respecto polo medio ambiente como é, por exemplo, a reciclaxe.

Unha das apostas de Condes de Albarei é o traballo constante na preservación da nosa contorna reducindo ao máximo o impacto medioambiental da súa actividade, feito no que levan traballando dende a súa fundación no ano 1988. Para iso participan en distintos proxectos coma Ecovidrio ou Viñas Atlánticas, cuxa finalidade é o coidado da nosa contorna.

Ademáis, a adega Condes de Albarei mantén un forte compromiso coa reciclaxe, unha aposta que reflicte os valores desta adega e que se ve plasmada nos datos alcanzados. Así, no ano 2019 Condes de Albarei contribuíu á reciclaxe de 775.000 kilos de vidro, 44.000 kilos de cartón, 5.600 kilos de cortiza e máis de 1.400 kilos de aluminio.

O futuro do noso planeta pasa polo respecto á nosa contorna a través dunha actividade responsable que dende Condes de Albarei queren reflectir no seu traballo diario.

18/05/2020

 

Agaca
Por Agaca Maio 18, 2020 11:36
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*