Condes de Albarei conclúe con éxito un obradoiro de apoderamento coas mulleres socias

Agaca
Por Agaca Novembro 6, 2019 11:44

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Onte acabou o obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas” no que participaron unha vintena de socias da cooperativa Condes de Albarei.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolve a actividade no marco de Rede Eusumo.

20191031-Eusumo-Socias-Condes-Albarei-en_Hifas-da-TerraO Obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas” celebrou onte a súa terceira e derradeira xornada en Condes de Albarei, cunha exposición onde se mostraron de casos prácticos de novos cultivos e producións agrogandeiras: Javier Cabrera explicou vantaxes da extracción de resina de piñeiro e Isabel Costas, presidenta da cooperativa Tres Fuciños, tratou cría de Porco Celta.

Unha vintena de mulleres socias da adega cooperativa participaron nesta actividade, organizada por AGACA no marco da Rede Eusumo, co obxectivo de impulsar o apoderamento e autoestima das mulleres socias de cooperativas e formar a mulleres socias en novas actividades productivas mediante exemplos de éxito, aproveitando as cooperativas como base da mellora.

O obradoiro comezou o 24 de outubro, con charlas acerca de oportunidades e iniciativas no ámbito social do medio rural para o apoderamento e continuou o  31 de outubro cunha viaxe a Pontevedra para visitar Hifas da Terra, una entidade que produce e transforma cogumelos, e á Estrada para ver a explotación de arandos de Javier Araújo e a microsidrería Peroja.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

05/11/2019

Agaca
Por Agaca Novembro 6, 2019 11:44
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*