Rosa Vázquez Segade
Xornalista. Licenciada en CC da Información
Responsable da revista "Cooperación Galega"
Responsable da comunicación externa de AGACA
981 584 783
981 558 275
rosa@agaca.coop
O departamento de Comunicación de AGACA encárgase das relacións e xestións cos medios de comunicación co fin de transmitir a toda a sociedade o traballo desenvolvido dende a Asociación e aqueles aspectos que supoñen unha incidencia directa no contorno do cooperativismo agrario.
Atendemos e xestionamos as demandas que nos fan chegar solicitando a opinión especializada e profesional da Asociación que, a través dos preto de vinte anos que leva funcionando e da cualificación demostrada, tense convertido nun referente importante no sector agrario en Galicia. A súa valoración e posicionamento son tidos en conta en todos os foros relacionados.
Elaboramos e editamos unha revista propia “Cooperación Galega”, na que se inclúen noticias, reportaxes e entrevistas de interese para o público relacionado co medio rural e aquel que gusta de manterse informado das novidades e tendencias do cooperativismo agrario.
A nosa revista ofrece a maiores un valor engadido aos seus socios, xa que serve de plataforma para dar a coñecer as actividades e iniciativas desenvolvidas con independencia do sector que abrangue e da súa localización na xeografía galega.
(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Información Legal