Comeza un obradoiro sobre apoderamento de mulleres cooperativistas en Narón

Agaca
Por Agaca Marzo 4, 2020 13:31
  • Mulleres socias da cooperativa Agroflor comezan esta tarde un obradoiro de tres días sobre apodereamento.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolve a actividade no marco de Rede Eusumo.

20200303_Eusumo_apoderamento-agroflorEsta tarde comeza o  obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas” nas instalacións da cooperativa Agroflor (Narón). A iniciativa é parte dun ciclo de obradoiros destinados a impulsar o apoderamento e autoestima das mulleres asociadas ás cooperativas para favorecer a súa presenza nos órganos directivos destas entidades. Ademais, buscan formar ás socias en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito, tomando a cooperativa como base da mellora.

O Obradoiro arrinca con charlas acerca de oportunidades e iniciativas no ámbito social do medio rural para o apoderamento de mulleres socias de cooperativas do sector primario. Ademais presentaranse AMCAE (Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España) e “NÓS, AS MULLERES”, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.

Intervirán na xornada María Josefa Manivesa — presidenta de Agroflor — e Loli Couso, técnica de AGACA.

Mañá, tamén de 16:00 a 19:00h., continúa o Obradoiro con varios casos prácticos de novos cultivos e producións agrogandeiras, entre elas a cría de porco celta (sobre a que falará Isabel Costas, presidenta da cooperativa Tres Fuciños), a produción de cogomelos (pola empresa Porto Muíños) e a produción de horta baixo plástico (por Óscar Antón Pérez, experto en horticultura).

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

LOGOS-EUSUMO-2020

04/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 4, 2020 13:31
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*