ACTIVIDADES

Febreiro 2019

REVISTA AGACA

  • 141_Página_01

    Cooperación Galega Nº141 Decembro 2018

    Editorial- Contra as gasolineiras das cooperativas
    A Fondo- O proxecto europeo AGROSMARTcoop celebrou en Galicia o seu Foro Final
    Caderno Técnico- Proxectos innovadores en Galicia con Fondos Europeos

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Comercio e Internacionalización

As cooperativas, máis aló da súa labor comercial e de servizos, son unha entidade social. En Galicia, un de cada 9 fogares ten un familiar nunha cooperativa, o que representa que os seus produtos posúen algo que ningunha outra industria pode ofrecer: o valor engadido de saber que, con cada compra, o consumidor contribúe ao desenvolvemento económico e social do seu contorno máis próximo.

En AGACA, queremos pór de relevo esa cualidade única dos produtos cooperativos que, xunto coa súa calidade, son fortes compoñentes de diferenciación coa competencia.

Comercialización e Internacionalización

A actividade comercial e o impulso á mercadotecnia dos produtos agroalimentarios resulta hoxe vital de cara á consolidación da cota de mercado nacional e á apertura e consolidación no mercado exterior. Para conseguir un posicionamento estable no mercado é imprescindible que as cooperativas invistan en plans de mellora e innovación das súas estratexias comerciais, xa sexa establecendo unha rede comercial forte valéndose das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), xa sexa a través da actualización da súa loxística comercial.

Neste senso, AGACA quere ser o punto de encontro para impulsar actividades de promoción conxunta que aumenten a rendibilidade e reduzan o rico de investimento á hora de emprender este tipo de actualizacións estratéxicas para a actividade comercial das cooperativas.

    INTERNACIONALIZACIÓN

  • 🌎Dinamización de redes de contactos
  • 🌎Participación en feiras comerciais
  • 🌎Misións comerciais inversas
  • 🌎Planificación estratéxica

    COMERCIALIZACIÓN

  • 💳Asesoramento e estratexias de comercialización das cooperativas agroalimentarias
  • 💳Participación en proxectos de I+D+i e TIC
  • 💳Colaboración con organismos públicos, difusión de información, convocatorias, tendencias de consumo e prezos e informes de mercados exteriores