Colección 68, de Viña Costeira, medalla de ouro no Berliner Wein Trophy 2018

Agaca
Por Agaca Agosto 17, 2018 11:23

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Viña Costeira

  • Novo recoñecemento para a Adega  Viña  Costeira, neste caso para o Colección 68, un dos seus viños que naceu como homenaxe aos socios fundadores da adega en 1968.

Coleccion-68-vina-costeiraO pasado mes de Xullo celebrábase en Berlín uno dos concursos de viño con máis arraigamento en Europa, o Berliner Wein Trophy , onde viños de multitude de países competían por ser galardoados ante un panel de expertos catadores.

Este concurso conta cunha especial relevancia, ao ser organizado en colaboración coa “Organización Internacional da Viña e o viño (OIV)”, o que garante unha competición xusta e extremadamente controlada e premia aos viños que realmente merece a pena  descrubrir. Más de 6000 viños  de todo o mundo foron catados polos 190 membros dos xurados, que valoraron principalmente a elaboración e calidade dos viños presentados.

Nesta ocasión, Viña Costeira presentaba a concurso a súa Colección 68 Treixadura 2017, un viño de aroma intenso e gran frutosidade, que coa súa complexidade e elegancia foi premiado cunha medalla de ouro polo xurado.

Este novo premio chega como aliciente para recargar pilas antes da vendima e supón unha continuidade no carrusel de boas novas que vén acompañando á adega ribadaviense os últimos meses, nos que se proclamou Mellor bodega de España, cumprindo 50 anos como un dos referentes enoturísticos de Galicia.

17/08/2018

Agaca
Por Agaca Agosto 17, 2018 11:23
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*