CLUN, premio “Cooperativa do Ano” de Cooperativas Agro-alimentarias de España

Agaca
Por Agaca Maio 31, 2018 11:50

ACTIVIDADES

Setembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Nota de prensa: CLUN

  • Cooperativas Agro-Alimentarias distingue o maior proxecto galego de integración cooperativa nacido de Feiraco, Os  Irmandiños e Melisanto en xaneiro de 2017.
  • O presidente de CLUN, José Ángel Blanco, recibe o galardón nun acto presidido pola directora xeral do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Carmen Casero.
  • Blanco recoñece que este recoñecemento é un novo estímulo para seguir traballando ao servizo dos máis 3.500 socios de CLUN e unha proba de que o cooperativismo é a vía para o futuro do sector.

20180531_CLUN-coop-del-ano

O presidente de  CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), José Ángel Blanco, recolleu hoxe en Madrid o Premio ‘Cooperativa do Ano’ concedido por Cooperativas Agro-alimentarias de España nun acto presidido pola directora xeral do Traballo Autónomo da Economía Social e de Responsabilidade Social das Empresas, Carmen Casero. A entidade recoñece a CLUN como “unha das apostas de integración cooperativa máis importantes dos últimos anos, converterse en referente no sector agrogandeiro galego e o seu compromiso coa responsabilidade social, a innovación, a calidade e o seu modelo de xestión orientado a unha sustentabilidade económica, social e ambiental no que as persoas son o primeiro”.

Acompañado polo director xeral de Cooperativa, José Luis  Antuña, e o presidente de Feiraco, José Montes, José Ángel Blanco agradeceu a Cooperativas  Agro-alimentarias esta distinción porque supón “un novo estímulo para seguir ofrecendo servizos de calidade aos máis de 3.500 socios dunha trintena de municipios galegos cos que conta actualmente CLUN e a proba de que o  cooperativismo é o camiño correcto para asegurar a competitividade do sector nos mercados globais con dimensión, eficiencia, calidade e innovación e garantir, así mesmo, que o beneficio reverta nos gandeiros de forma directa”. Branco subliñou ademais que este “non é un recoñecemento parcial a unha compañía senón o premio ao esforzo colectivo dos nosos socios gandeiros que contribúe a fomentar o orgullo de pertenza ao medio rural”.

Un ano medrando xuntos

Desde a súa constitución en xaneiro de 2017, CLUN conseguiu avanzar na consecución dos seus obxectivos estratéxicos: potenciar os servizos técnico-económicos da cooperativa para unha maior eficiencia dos custos de produción dos seus socios; a optimización do prezo das subministracións en mellores condicións de competitividade; e gañar volume para mellorar a cadea de valor do  agro galego e contribuír á súa estruturación, impulsando a sustentabilidade da produción láctea. Na actualidade conta con máis de 3.500 socios, cinco fábricas e tres centros de traballo situados en 30 municipios do norte e centro de Galicia, zonas crave no desenvolvemento do sector lácteo europeo.

A súa actividade estrutúrase en tres divisións: Lácteos, que articula a recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados; Subministracións, encargada de proporcionar ao socio os produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade, con fábricas de produción de pensos, surtidor de gasóleo e tendas agrarias; e a división de Servizos, que apoia a xestión eficiente das ganderías tanto na vertente económica e financeira como no asesoramento técnico en diferentes ámbitos. Baixo as marcas de referencia no mercado nacional como Feiraco, Únicla, Clesa e Arquega produce, envasa e comercializa produtos lácteos que se elaboran con leite que procede unicamente das explotacións dos seus socios.

Premios Cooperativas Agro-alimentarias de España

A terceira edición dos Premios Cooperativas Agro-alimentarias de España recoñece o labor e o esforzo das cooperativas en ámbitos concretos en tres categorías, ademais da de Cooperativa do Ano. Esta edición, Unió Corporació Alimentaria recibiu o premio á categoría de Desenvolvemento Rural polas súas actuacións de carácter social dirixidas á súa contorna rural. Iniciativas que persigan a incorporación de persoas mozas, novos servizos para socios, patrocinio das actividades da comunidade rural, oportunidades de emprego, mellora de vida de colectivos desfavorecidos ou benestar da comunidade. Na categoría Igualdade de Oportunidades resultou galardoada Nuestra Señora de las Virtudes pola súa aposta pola igualdade de oportunidades e que fomenta o empoderamiento e liderado da muller nas cooperativas agroalimentarias. No apartado de Innovación foi recoñecido Grupo AN por procesos e métodos innovadores en materia de produción agraria, procesos de transformación, novos produtos e/ou organización empresarial.

 

.

Agaca
Por Agaca Maio 31, 2018 11:50
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*