Cincuenta estudantes do Dr. López Suárez aprenden cooperativismo en Dairylac

Agaca
Por Agaca Maio 7, 2018 14:31 Actualizado

ACTIVIDADES

Maio 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A planta láctea de Dairylac (Melide) recibiu esta mañá ao alumnado do colexio do Saviñao, Dr. López Suárez, nun obradoiro sobre cooperativismo.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

20180507_eusumo_cpi-lopez-suarez-DairylacCincuenta e catro estudantes de quinto e sexto de primaria e de primeiro da ESO do colexio Dr. López Suárez, situado no municipio lucense do Saviñao, visitaron esta mañá as instalacións de Dairylac (Melide), onde asisteron a un obradoiro de divulgación da economía social como opción de futuro profesional rendible e estable, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os queixos. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo

 Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

 

07/02/2018

Agaca
Por Agaca Maio 7, 2018 14:31 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*