Cincuenta escolares lucenses visitaron Feiraco para aprender sobre cooperativismo

Agaca
Por Agaca Xuño 7, 2016 14:06

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O Centro Rede Eusumo Fundación Feiraco (Ames) acolleu esta mañá a estudantes do CEIP Rosalía de Castro (Lugo).
  • Participaron nunha charla informativa e percorreron as instalacións da cooperativa láctea.
  • A actividade enmárcase na Rede Eusumo para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

07/06/2016

Técnicos de AGACA impartieron esta mañana una jornada didáctica sobre las ventajas del cooperativismo como fórmula de emprendimiento o de crecimiento laboral y económico para medio centenar de estudiantes de quinto curso de primaria del  CEIP Rosalía de Castro, de Lugo.

wb_20160607_CEIP_ROSALIA_CASTRO_FEIRACO_eusumoTécnicos de AGACA impartiron esta mañá unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento ou de crecemento laboral e económico para medio centenar de estudantes de quinto curso de primaria do CEIP Rosalía de Castro, de Lugo.

O alumnado aprendeu en qué consiste o modelo de negocio cooperativo e as súas vantaxes no ámbito profesional a través de varios exemplos de emprendemento e cooperativismo que se estableceron con éxito no mundo rural en diferentes campos de actividade, dende a artesanía ata o ocio ou a alimentación.

O obxectivo da actividade, enmarcada nun dos obradoiros de “Emprendemento e Cooperativas. Modelo de Negocio”, é darlles a coñecer este modelo de negocio así como mostrarlles de primeira man os pormenores do funcionamento dunha cooperativa; neste caso, percorreron as instalacións de Feiraco, dedicada ao sector lácteo.

Rede Eusumo
Fundación Feiraco funciona desde 2012 coma un dos Centros Rede Eusumo para a dinamización do emprendemento cooperativo. Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Agaca
Por Agaca Xuño 7, 2016 14:06
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*