Cincuenta escolares do Ponte Sampaio aprenden sobre almorzos sans

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2017 15:39

ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Estudantes do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra, participaron hoxe no programa “Almorz@ con Beizos Brancos”, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e Obra Social “la Caixa”.
  • A actividade inclúe unha charla didáctica sobre alimentación sa, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.

20171108-Bei_ponte-sampaio_Pontevedra (1)

Cincuenta estudantes de terceiro e cuarto de primaria do colexio Ponte Sampaio, na parroquia pontevedresa do mesmo nome, participaron esta mañá en “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado por AGACA e Obra Social “la Caixa” para fomentar o consumo de alimentos saudables cada día no almorzo.

O almorzo incide tanto no desenvolvemento físico como no rendemento académico de nenos e nenas: é unha das premisas que se defenden na charla educativa que arrinca cada xornada. “Almorz@ con Beizos Brancos” fomenta o consumo de variados grupos de alimentos nos almorzos para que sexan equilibrados e nutritivos, primando os alimentos naturais fronte aos industriais, habitualmente con exceso de contido graxo e azucres pouco sans.

Entre os consellos ofrecidos, non substituír a froita enteira por zumes, aínda que sexan naturais, pois non achegan a mesma cantidade de nutrientes, consumir algún produto lácteo, optar por froitas locais ou de tempada e nunca saltarse o almorzo, que debe achegar bastante enerxía para afrontar a xornada escolar.

A modo de exemplo, os estudantes probaron pan galego con aceite, mandarinas e leite enteiro.

Ademais, os nenos e nenas aprenderon tamén todos os procesos polos que pasa o leite desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos.

Con ánimo de que o hábitos de almorzar saudablemente se estenda á familia, repartiuse material divulgativo con información nutricional e propostas de almorzos fáciles e sans.

 Accións sociais

AGACA e Obra Social “la Caixa” desenvolven esta actividade por terceiro curso consecutivo, como parte dun plan de accións sociais que tamén inclúe programas orientados á contorna rural e cooperativa sobre empoderamiento da muller, sobre envellecemento activo e para o fomento da incorporación de mozas á actividade agraria.

08/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2017 15:39
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*