Cincuenta escolares da Coruña proban un “Almorz@ con Beizos Brancos” con Obra Social “la Caixa” e AGACA

Agaca
Por Agaca Xaneiro 20, 2017 15:00 Actualizado

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Almorz@ con Beizos Brancos”, programa de fomento dos almorzos sans na infancia promovido por AGACA e Obra Social “la Caixa” recalou esta mañá no CEIP San Francisco Javier (A Coruña).
  • Participaron na actividade 50 estudantes de cuarto de primaria. Houbo unha charla, xogos didácticos e, para finalizar, un almorzo.
  • Dende o inicio do curso académico 2016/2017, “Almorz@ con Beizos Brancos” leva distribuído máis de 450 almorzos sans.

20170120_Beizos_A_coruna_s_fran_javi

O alumnado de cuarto curso de primaria do colexio coruñés San Francisco Javier participou esta mañá na iniciativa “Almorz@ con Beizos Brancos” organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) con financiamento de Obra Social “la Caixa”, que se celebra por segundo curso.

Nenos e nenas interviñeron nunha charla na que, ademais de destacar a importancia do almorzo para o correcto desenvolvemento físico e rendemento académico, a nutricionista María Fernández resolveu as dúbidas dos alumnos con respecto dos valores  nutritivos de diferentes alimentos. Entre as recomendacións que ofreceu: consumir froitas de tempada, evitar produtos industriais dado o exceso de azucres e graxas sen valor nutricional real e incluír leite ou derivados.

Para mostrar a importancia do sector lácteo en Galicia realizouse un xogo didáctico explicando os pasos da produción, transformación e distribución láctea.

A actividade finalizou cun almorzo composto de mandarinas, pan galego con aceite e leite adozado con cacao puro e mel de Galicia.

En Familia

Obra Social “la Caixa” e AGACA iniciaron o curso pasado o programa “Almorz@ con Beizos Brancos” en 11 centros educativos. Os datos recollidos logo da experiencia amosan que aínda quedan escolares que acoden a clase sen tomar nada ou cun almorzo insuficiente, sexa por falta de tempo ou por descoñecemento das opcións axeitadas, polo tanto, para involucrar ás familias repartiuse material divulgativo con varias opcións de almorzos sans fronte a outros non recomendados.

Ante o interese suscitado na anterior campaña, Obra Social “la Caixa” incrementou este curso o orzamento destinado á actividade para alcanzar máis colexios.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 20, 2017 15:00 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*