Chega a Lemos “Atrévete Contigo Mesma” para empoderar ás socias da cooperativa

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2017 15:48

ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Cincuenta socias da Cooperativa Lemos participaron esta mañá na xornada “Atrévete Contigo Mesma”, sobre empoderamento feminino.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizan a campaña.

20171108_Atrevete_Contigo_Mesma-Lemos-coaching

Atrévete Contigo Mesma” ten como misión concienciar as socias de cooperativas tanto das súas propias capacidades como da importancia de que tomen cargos nos órganos de decisión das entidades.

A xornada comezou co relatorio “O papel da muller nas cooperativas agroalimentarias”, a cargo da técnica de AGACA e axente de igualdade de xénero Ruth Rodríguez. Mostrou o contraste entre a alta porcentaxe de mulleres asociadas e a súa escasa presenza y participación en órganos de representación e decisión das entidades, ademais de analizar posibles causas.

A continuación, a coach y técnica de AGACA Loli Couso guiou unha actividade en grupo coas 50 asistentes, onde se reflexionou sobre as aptitudes que as mulleres integrantes das cooperativas posúen, co obxectivo de darlles visibilidade e facer que elas mesmas identifíquenas e valoren.

Tamén se buscaron maneiras de eliminar os posibles obstáculos que as impiden tomar roles máis activos, como poden ser maneiras de lograr a conciliación entre a vida familiar e a profesional, ou os servizos e accións que as cooperativas poden adoptar para facilitar a paridade.

Interviñeron na xornada Eliseo Mariño e José Manuel Rodríguez, respectivamente presidente e xerente de Cooperativa Lemos, e Javier Rodríguez, director da Oficina de CaixaBank de Monforte de Lemos..

Compromiso coa igualdade

“Atrévete Contigo Mesma” forma parte da colaboración entre AGACA e a Fundación Obra Social “la Caixa” para desenvolver un plan de accións sociais que inclúe tamén iniciativas para o envellecemento activo, a incorporación de mozas á actividade agraria e o fomento do consumo diario de almorzos sans na infancia.

Desde 2015, cando naceu “Atrévete Contigo Mesma” , participaron na iniciativa máis de 500 mulleres.

08/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2017 15:48
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*