Celebrada a I Xornada Técnica da IXP Vaca e Boi de Galicia

Agaca
Por Agaca Xuño 30, 2017 15:21

  • Esta mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrouse o encontro, dirixido a toda a cadea de valor, desde a produción, ata a industria, a distribución e os consumidores.
  • A nova IGP ten como principal obxectivo protexer e poñer en valor a carne procedente das vacas e bueyes galegos de calidade.

A Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia celebrou a I Xornada Técnica, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Dirixida a gandeiros, profesionais técnicos, industria, distribución e consumidores, a Xornada centrouse en trazar unha folla de ruta sobre aspectos normativos, produtivos, tecnolóxicos e tendencias de mercado e consumo para a carne de Vaca e Boi de Galicia, que vai amparar a nova Denominación de Calidade.

Antonio Gende, director técnico da IXP Vaca e Boi de Galicia e Jesús González, presidente do Consello Regulador de Carne de Vacún de Galicia, entidade que engloba á nova IXP, expresaron que se espera unha gran acollida para a IXP Vaca e Boi de Galicia.

Agaca
Por Agaca Xuño 30, 2017 15:21
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*