Campodeza potenciou o empoderamento das súas socias na xornada “Atrévete Contigo Mesma”

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2018 12:44

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Unha vintena de socias da cooperativa lalinense Campodeza participou onte na xornada “Atrévete Contigo Mesma”, sobre empoderamento feminino.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizan la iniciativa.

20180115_atrevete-contigo-mesma_Campodeza_WB

Durante a tarde o de onte Campodeza acolleu o programa “Atrévete Contigo Mesma”, cuxa misión é concienciar ás socias de cooperativas tanto das súas propias capacidades como da importancia de que tomen cargos nos órganos de decisión das entidades.

A xornada comezou co relatorio “O papel da muller nas cooperativas agroalimentarias”, a cargo da técnica de AGACA e axente de igualdade de xénero Ruth Rodríguez. Mostrou o contraste entre a alta porcentaxe de mulleres asociadas e a súa escasa presenza e participación en órganos de representación e decisión das entidades, ademais de analizar posibles causas.

A continuación, a coach e técnica de AGACA Loli Couso guiou unha actividade en grupo coas 23 asistentes onde trataron de identificar  e valorar a súas propias capacidades profesionais e de liderado.

Tamén se buscaron xeitos de eliminar os posibles obstáculos que as impiden tomar roles máis activos. Entre outros, nomearon a conciliación entre a vida familiar e a profesional, ou os servizos e medidas que as cooperativas poden adoptar para facilitar a paridade.

Asistiu á xornada Susana López, secretaria xeral de Igualdade, para mostrar o respaldo da Xunta de Galicia a iniciativas de empoderamento. Interviron tamén Manuel Pichel e José Severino Montes, presidentes, respectivamente, a cooperativa Campodeza e da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), xunto con Óscar Camba, xestor de negocios da Agro Oficina de CaixaBank en Lalín.

Compromiso coa igualdade

Atrévete Contigo Mesma” forma parte da colaboración entre AGACA e a Fundación Obra Social “la Caixa” para desenvolver un plan de accións sociais que inclúe iniciativas para o envellecemento activo, a incorporación de persoas mozas á actividade agrogandeira e o fomento do consumo diario almorzos sans na infancia.

Dende 2015, cando naceu “Atrévete Contigo Mesma”, participaron na iniciativa máis de 500 mulleres.

16/01/2018

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2018 12:44
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*