Campoastur inaugura o “Paseo das 100 variedades”, pomar especializado en sidra

Agaca
Por Agaca Xuño 10, 2016 13:24
  • O “Paseo das 100 variedades”, na “Finca El Enguilu” (Nava), é unha iniciativa de cultivo de 106 variedades autóctonas de mazá de sidra, dirixida pola cooperativa Campoastur.
  • A inauguración, que tivo lugar o día 3, culmina un proxecto de máis de 4 anos de traxectoria.

20160603_paseo_100_variedades_campoasturA cooperativa Campoastur inaugurou o día 3 de xuño oficialmente o “Paseo das 100 variedades”, unha leira onde crecen, actualmente, 106 variedades autóctonas de mazá de sidra, tanto as máis habituais como outras menos estendidas.

A plantación xestionada por Campoastur, que aspira a converterse en referente no mundo da sidra, serve como base para a experimentación de técnicas de mellora, como ensaios de regulación de colleitas e de poda en seco. Segundo Jorge García, director de produción de Campoastur, entre os obxectivos a longo prazo, atópanse a produción ecolóxica e o aumento de variedades de maceira, chegando ás 130: “Cada variedade ten unha historia detrás, culturalmente ten unha calidade inesgotable”, explicou.

A xestación do proxecto comezou en 2012, cando se iniciou a recompilación de árbores. En 2014 procedeuse á plantación das maceiras na leira experimental “El Enguilu”, de 7 hectáreas, situada a 6 quilómetros de Nava, que a cooperativa alugou ao Concello.

Xunto aos obxectivos agrícolas, o “Paseo das 100 variedades” tamén foi concibido como unha experiencia pedagóxica para dar a coñecer os diferentes tipos de maceiras e os seus coidados para conseguir froitos para a mellor sidra. Durante o percorrido pola leira, a conselleira de Desenvolvemento Rural, María Jesús Álvarez destacou “ese afán pedagóxico, que podería ter incluso un compoñente turístico, pero sobre todo ese desexo de mellorar as nosas producións e de preservar variedades locais, algunhas a piques de desaparecer”.

O director xeral de Desenvolvemento Rural e Agroalimentación, Jesús Casas, e o alcalde de Nava, Juan Cañal, interviñeron tamén na inauguración xunto co director xeral de Campoastur, Marcelino González, e a presidenta da entidade, María Cruz Fernández.

Campoastur

Campoastur, que forma parte da cooperativa de segundo grao Delagro S. Coop., está formada por 6.500 socios e as súas principais actividades son a alimentación animal e as subministracións agrícolas. Na actualidade conta con máis de 100.000 referencias e estende a actividade a supermercados, gasolineiras e tamén, á selección dos cultivos.

Agaca
Por Agaca Xuño 10, 2016 13:24
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*