Cambados será a Cidade Europea do viño 2017

Agaca
Por Agaca Novembro 15, 2016 10:14

ACTIVIDADES

Maio 2020

REVISTA AGACA

  • 147 portada

    Cooperación Galega Nº 147 Marzo 2020

    Editorial: A Crise da Covid-19 Coronavirus
    A fondo: Medidas para combater o coronavirus
    Caderno Técnico: A renovación no rural europeo e galego

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Cambados (Pontevedra), situada no corazón das Rias Baixas, é o lugar representativo do viño albariño e executará o próximo ano 80 actividades de enoturismo

Os Rías Baixas terán unha oportunidade única no próximo ano de darse a coñecer en maior medida internacionalmente, grazas a este galardón outorgado a Cambados.

A Cidade Europea do viño é unha cidade relacionada directamente coa produción do viño e situada en zonas protexidas por denominación de calidade dos seus viños. O seu obxectivo principal é dar a coñecer a cultura, paisaxe, gastronomía e patrimonio a través de actividades culturais, formación e sensibilización.

Os requisitos que ten que cumprir para ser elixida unha cidade son: ser membro de RECEVIN (Rede Europea de Cidades do viño), non ser elixida na convocatoria do ano anterior, ser unha cidade española (en 2017 tócalle a España) e cumprir cos requisitos formais das bases.

Cada ano a elección céntrase nun país. O país elixido para o 2017 é España onde as finalistas elixiranse entre os socios que se presenten, mentres que no ano 2018 a cidade nomeada recaerá entre os socios alemáns, búlgaros, húngaros, serbios ou eslovenos.

As cidades elixidas en anos anteriores foron:

2016: Conegliano e Valdobbiadene (Italia),

2015: Reguengos de Monsaraz (Portugal),

2014: Xerez da fronteira (España),

2013: Marsala (Italia)

2012: Palmela (Portugal)

En 2017 concorrían ademais de Cambados, Aranda de Douro, La Palma del Condado e Villafranca do Penedés.

Cambados xa se presentou ao concurso de Cidade do Viño de 2014, pero entón perdeu ante Jerez de la Frontera.

15/11/2016

Agaca
Por Agaca Novembro 15, 2016 10:14
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*