ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Calidade

Especializados en calidade, hixiene e seguridade alimentaria, ofrecemos un asesoramento transparente e responsable, adaptado ás necesidades particulares de cada cooperativa ou empresa agroalimentaria.

Os nosos técnicos de calidade — enxeñeiros, veterinarios e auditores xefe en ISO 9001:2008 (Sistemas de Xestión da Calidade ) e ISO 22000 (Xestión da Inocuidade dos Alimentos) — traballan man a man coas cooperativas para facilitar e certificar que cumpran todos os protocolos de calidade vixentes.

fotocali

    CALIDADE

  • 📿Implantación de Sistemas de Xestión de Calidade ISO 9001:2008
  • 📿Redacción de Manuais de Calidade
  • 📿Realización de auditorías internas
  • 📿Implantación do Referencial de Leite de Vaca Certificado de Cooperativa (RLVCC)

    SEGURIDADE E HIXIENE ALIMENTARIA

  • 📿Redacción de Manuais APPCC
  • 📿Redacción de Guías de Prácticas Correctas de Hixiene
  • 📿Implantación do Sistema APPCC na empresa
  • 📿Tramitación de Rexistros Sanitarios de Alimentos
  • 📿Auditorías internas de sistemas de APPCC
  • 📿Evaluación de limpeza e desinfección e de trazabilidade nas rutas de recollida de leite cru e nos centros de recollida
  • 📿Implantación de sistemas: ISO 22000, GLOBAL G.A.P., IFS y BRC

Cada ano realizamos centos de visitas rutinarias, tomas e análises de mostras, apoios na elaboración e establecemento de puntos de control de calidade das instalacións das cooperativas etc. Actuamos así, como organismo externo de control de calidade, seguindo as recomendacións da Administración pública en materia de seguridade e calidade en explotacións agroalimentarias.

O noso compromiso e o das nosas cooperativas, garantindo a trazabilidade e excelencia dos produtos achegados aos consumidores, é unha máxima prioridade.

DOCUMENTOS

Referencial de leite de vaca certificada de cooperativa - RegulamentoReferencial de leite de vaca certificado de cooperativa

Febreiro de 2012

Regulamento xeral. Requisitos de diferenciación de calidade da produción láctea cooperativa

Ver documento (en español – 209 Kb)

 

Regulamento técnico - Referencial leite de vaca certificada de cooperativa

Referencial de leite de vaca certificado de cooperativa

Febreiro de 2012

Regulamento Técnico. Puntos de control e criterios de cumprimento.

Ver documento (en español – 566 Kb)