Bota a andar o XVII Premio Aresa

Agaca
Por Agaca Xullo 12, 2016 14:22

NOTA DE PRENSA: Aresa

  • O galardón manterase fiel á súa filosofía de apoio aos proxectos que melloren as condicións de vida e traballo no medio rural galego.

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron esta mañá no salón reitoral do Colexio de San Xerome un convenio de colaboración para impulsar conxuntamente a edición de 2016 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Acompañounos no acto o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema.

Con este acordo inícianse os preparativos doutra convocatoria deste galardón co que a USC e Aresa veñen recoñecendo aquelas iniciativas levadas a cabo por entidades, empresas, grupos de investigación e persoas en xeral a prol do desenvolvemento do sector primario.

O Premio Aresa, de gran tradición en Galicia, está dotado con 10.000 euros e conta cun xurado profesional do que teñen formado parte reitores de distintas universidades cunha orientación agraria, coma, por exemplo, as de Barcelona, Córdoba, Salamanca ou Trás-os-Montes e Alto Douro, o que lles outorga aos gañadores prestixio e difusión.

No seu palmarés figuran o profesor Javier Guitián, a Aula de Productos Lácteos ou a Facultade de Veterinaria, dentro do eido académico; personalidades coma Xosé Manuel Rodríguez Silva, ex-director xeral de Agricultura da Comisión Europea; firmas coma Ingapan, Champivil, Alibós ou Agroamb; consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, coma a IXP Ternera Gallega e as DO Ribeira Sacra e Queixo San Simón da Costa; e modelos de asociacionismo, como a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega ou a SAT Montes de Trabada, entre outros.

Na concesión desta distinción valórase especialmente a xeración de riqueza e emprego no agro, así como a aplicación produtiva de novas tecnoloxías e da I+D+i, na procura da rendibilidade económica e do benestar social na execución das actividades agrícolas, gandeiras e forestais para que o campo sexa unha boa oportunidade laboral e vital para as vindeiras xeracións.

www.aresa.com

Agaca
Por Agaca Xullo 12, 2016 14:22
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*