BASF presenta novos produtos para protección de cultivos e fertilización

Agaca
Por Agaca Marzo 3, 2017 11:40

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: BASF

  • Vision Plus está deseñado para protexer froiteiros de pebida e Vizura para favorecer a fertilización orgánica.

wb_basf_20170303Vision Plus ten como principal característica a súa formulación en base a co-cristais, unha estrutura química que protexe dunha forma duradeira os cultivos de maceira e peral contra o moteado.

Segundo BASF, o co-cristal de Visión Plus está formado por compoñentes coñecidos e recoñecidos, o pirimetanil que sería eficaz contra a penetración e desenvolvemento do micelio, e a ditianona, que estaría activa fronte á xerminación de esporas. BASF afirma que a estrutura de co-cristal confire ao produto estabilidade, permanencia e independencia fronte ao clima.

Vizura, pola súa banda, foi creado para estabilizar o nitróxeno en xurros e para minimizar o seu impacto mediomabiental, un produto revolucionario na fertilización orgánica que estabiliza o nitróxeno en xurros e minimiza o seu impacto ambiental. Así, segundo BASF, aumentaría a súa dispoñibilidade para os cultivos e reduciría perdas, obtendo incrementos do 4 ao 7% de materia seca producida respecto dun xurro convencional.

O nitróxeno do xurro transfórmase en nitrato que, por acción da auga de rega ou choiva, acaba disolvido e lavado co risco de acumularse en augas subterráneas. Segundo BASF, Vizura reduce as perdas do nitróxeno por lavado e por emisións de gases de invernadoiro, que afectan a capa de ozono.

Máis información sobre BASF na súa páxina web: www.agro.basf.es

03/03/2017

Agaca
Por Agaca Marzo 3, 2017 11:40
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*