Avanza o proxecto BIOVITI para a utilización da biodiversidade no cultivo da vide
Artigos relacionados
PROXECTO BIOVITI – Fomentando a biodiversidade como ferramenta que mellore a rendibilidade das explotacións agropecuarias
Descrición
Durante o ano 2018 constituíuse o Grupo Operativo Bioviti financiado polo Ministerio de Agricultura do Plan Nacional de Desenvolvemento Rural. Orzamento aproximado: 40.000 €.
O principal obxectivo do grupo operativo BIOVITI é desenvolver un proxecto que defina como utilizar a biodiversidade no cultivo da vide para mellorar a produción do viño desde unha dobre perspectiva ambiental e económica.
- Medioambiental : recuperación do chan en particular e do ecosistema en xeral.
- Económica: reducir o uso de fitosanitarios e dota de valor engadido na comercialización destes viños.
Actividades a desenvolver
Neste período redactouse o proxecto innovador a desenvolver que inclúe, principalmente estas actividades
- Identificar as mellores prácticas para a mellora da biodiversidade a escala de explotación en viñedos
- Experiencias piloto con cubertas vexetais, control de pragas, mellora de chans…
- Informar sobre os servizos ecosistémicos aos viticultores, e en particular documentar os servizos ligados á biodiversidade con casos prácticos
- Implementación das prácticas.
- Dotar de criterios de aprovisionamento sustentable, baseado na biodiversidade, a adegas, DOs, comercializadores etc.
Socios
- D. O. Utiel-Requena
- Instituto Tecnológico de Galicia (ITG)
- Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA)
- Unión de Campesinos de Castilla y León (UCCL)
- Fundación Global Nature. (FGN)
- La Unió de Llauradors. Coordinador
Nesta ligazón pode atopar un PDF (2,7 mb) cunha completa reporataxe explicativa acerca do proxecto Bioviti: http://agaca.coop/wp-content/uploads/2018/10/BIOVITI-Reportaje-corporativo-wb.pdf
Podes ser o primeiro en comentar esta entrada
Escriba un comentario