Ata o 29 de marzo poden presentarse candidaturas aos Premios Cooperativas Agro-alimentarias de España

Agaca
Por Agaca Febreiro 21, 2019 12:48

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

CAE Logo

Cooperativas  Agro-alimentarias de España convoca por cuarto ano consecutivo o Premio Cooperativas  Agro-alimentarias de España. O seu obxectivo é, afirma Cooperativas: “Comunicar á sociedade os valores e comportamentos das nosas cooperativas e que como Organización queremos fomentar a través de exemplos concretos”. O Premio destacará o labor dunha cooperativa nun ámbito concreto.

En 2019 o Consello reitor decidiu que as categorías premiadas sexan:

• Cooperativa do Ano. Recoñecerase a aquela cooperativa que destacase de maneira especial nalgunha actuación relevante durante 2018.

• Desenvolvemento Rural.Valoraranse as actuacións de carácter social das cooperativas dirixidas á súa contorna rural. Iniciativas que persigan a incorporación de persoas mozas, novos servizos para socios, patrocinio das actividades da comunidade rural, oportunidades de emprego, mellora de vida de colectivos desfavorecidos ou benestar da comunidade.

• Igualdade de Oportunidades. Premiaranse as iniciativas que apostan pola Igualdade de Oportunidades e que fomenten o empoderamento e liderado da muller nas cooperativas agroalimentarias.

• Innovación. Recoñeceranse os méritos das cooperativas que destacaron en innovación en materia de produción agraria, procesos de transformación, novos produtos e organización empresarial.

Poden presentarse candidaturas ata o 29 de marzo. Consulta/descarga aquí as bases: PDF (en español).

A entrega dos premios coincidirá coa celebración da Asemblea de Cooperativas  Agro-alimentarias de España en Madrid, o acto máis importante da Organización e que adoita clausurar o Ministro.

21/02/2019

Agaca
Por Agaca Febreiro 21, 2019 12:48
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*