Ata o 25 de marzo abre a inscrición á aceleradora ES-CONECTA do proxecto LACES en Santiago

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2019 12:51

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O prazo de presentación de candidaturas termina o 25 de marzo.
  • Realizarase unha primeira selección de 20 ideas empresariais, que participarán no DemoDay o 10 de abril en Santiago
  • No marco do proxecto LACES, a USC organiza a aceleradora ES-CONECTA, dirixida a persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

20190306_aceleradora-es-conecta-santiago

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) lanza unha nova convocatoria de ES-CONECTA, unha aceleradora de economía social de tres meses de duración. O Grupo de Investigación de Valoración Financeira Aplicada é o promotor desta aceleradora de economía social, que se convoca no marco do proxecto LACES: Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social.

Inicialmente, vaise realizar unha primeira selección de 20 ideas empresariais, que participarán no DemoDay, o 10 de abril na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Desa xornada, sairán os 15 proxectos que finalmente participarán na aceleradora de ES-CONECTA.

O programa, de alto rendemento, vai dirixido ás persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social.

Durante o desenvolvemento da aceleradora, os emprendedores e emprendedoras estarán baixo a supervisión dun equipo de especialistas e recibirán formación, titorización, mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo. As actividades desenvolveranse en Santiago de Compostela.

Todas as accións da aceleradora están encamiñadas a reducir os tempos de posta en marcha e consolidación de proxectos empresariais de economía social, o que garante súa viabilidade e minimiza os riscos inherentes aos devanditos procesos.

Os principais obxectivos da aceleradora ES-CONECTA son fomentar o emprendemento e formar ás persoas que queiran poñer en marcha unha idea empresarial.

Para realizar a inscrición a esta aceleradora hai que cubrir o formulario que se atopa na dirección http://bit.ly/esconectausc

PROXECTO LACES

interreg-laces-perfil-contratanteO proxecto LACES: Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social ten como obxectivo contribuír á promoción e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para lograr un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar empregos. Está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Este obxectivo pretende ser alcanzado a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso das empresas de economía social na área transfronteiriza. Asimismo, o proxecto LACES actuará como fonte de coñecemento e innovación para modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas e o emprego de calidade na eurorrexión.

06/03/2019

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2019 12:51
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*