Engade valor ao teu traballo, engade valor aos teus produtos, engade valor á túa cooperativa.
Asociarse, unirse, é o único xeito de conseguir capacidade negociadora para as cooperativas, de potenciar a competitividade e facerse cun mellor lugar no mercado, de optimizar as condicións de traballo dos profesionais do sector agroalimentario, de frear posibles abusos e imposicións e gañar voz e forza.
AGACA integra xa máis de 100 entidades, que significan máis de 20.000 persoas asociadas. Únete a elas, aproveita as oportunidades que supón contar cun cadro de profesionais especializados nas distintas áreas ligadas ao mundo agroalimentario.