As socias de Icos reúnense pola igualdade de xénero

Agaca
Por Agaca Decembro 1, 2015 12:19

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Claves

  • A Xornada busca motivas ás coopertivistas para que entren en consellos reitores.
  • Susana López, secretaria xeral de Igualdade, inaugura a Xornada

Artigos relacionados

  • Mañá terá lugar nas instalacións da cooperativa Icos a xornada “Atrévete Contigo Mesma” de empoderamento e motivación das mulleres do contorno rural vinculadas a cooperativas, organizada por AGACA e Obra Social “la Caixa”.
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López, intervirá no acto de inauguración.

Atrévete Contigo MesmaCo gallo da celebración da Xornada “Atrévete Contigo Mesma”, as socias da cooperativa Icos —especializada enlácteo subministracións e servicios agrarios— terán ocasión de escoitar e intervir nunha charla sobre o contexto das mulleres que viven no medio rural galego, asociadas a cooperativas, así como de recibir claves para lograr unha mellor conciliación das súas vidas persoais e profesionais, permitíndolles participar máis activamente na toma de decisións que afecten á cooperativa.

A intención da actividade é non só poñer de manifesto o peso da figura da muller para o avance e mantemento das poboacións rurais senón tamén darlles a oportunidade de expoñer coas súas propias palabras qué botan en falta ou valoran positivamente con respecto da cooperativa á que pertencen.

Deste xeito, a Xornada inclúe unha sesión de coaching que busca motivar ás socias para que tomen conciencia das súas propias capacidades e se integren en maior proporción nos órganos de decisión das cooperativas.

Compromiso
AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan a iniciativa “Atrévete Contigo Mesma” como parte das súas actividades en prol da igualdade de xéneros. Ata o de agora, seis cooperativas das provincias de A Coruña e Lugo participaron xa nas xornadas “Atrévete Contigo Mesma”, cunha media de 50 participantes por sesión. Continúase a traballar para organizar xornadas tamén en Ourense e Pontevedra, nos vindeiros meses.

Xornada “Atrévete Contigo Mesma”
– 2 de decembro, mércores — COOPERATIVA ICOS (Sobreira – Fornas, s/n — Chantada, Lugo) de 11:00 a 15:00 h.

Agaca
Por Agaca Decembro 1, 2015 12:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*