As indemnizacións do conxunto do seguro agrario en 2016 acadan case os 468 millóns de euros

Agaca
Por Agaca Xaneiro 25, 2017 11:19

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: AGROSEGURO

  • Pedrazo e seca son os riscos que máis afectaron aos cultivos españois.
  • Froiteiros e herbáceos, as producións máis prexudicadas.
  • Por comunidade autónoma, Andalucía, Estremadura, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana acumulan case o 63% do total das indemnizacións.

O exercicio 2016 pode considerarse como de sinistralidade contida, cunhas indemnizacións de 467,79 millóns de euros e unha superficie afectada de 960.000 hectáreas.

O pedrazo, con 103,61 millóns de euros; a seca, con 68,34 e as choivas, cunha indemnización record para este risco de 50,39 millóns foron os riscos que máis sinistros xeraron.

— Indemnización 2016 por riscos (millóns de euros)

Riscos Indemnización
Pedrazo 103,61
Seca 68,35
Choivas 50,39
Xeada 29,77
Falta de callado 28,51
Resto de riscos agrícolas 33,41
Acuicultura 5,90
Retirada e destrución de animais 72,53
Gando 57,44
IBNR(*) 17,88
Total 467,79

(*) Dotación para sinistros ocorridos pero aínda non declarados ao peche.

Se atendemos aos cultivos máis afectados polas adversidades climáticas, as producións de froita son as que rexistran maior indemnización, con 104,51 millóns de euros. A continuación sitúanse os cultivos herbáceos, con máis de 63,73 millóns de euros. As hortalizas e os cítricos son as seguintes con moita diferenza: 41,15 e 33,81 millóns de euros, respectivamente.

En canto aos seguros pecuarios, os de retirada e destrución de animais mortos son os que maior volume de indemnización xeraron, con 72,52 millóns de euros.

Andalucía, Estremadura, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana son as comunidades autónomas máis afectadas polas adversidades climáticas que se sucederon ao longo de 2016. Entre as cinco acumulan case o 63% do total.

— Indemnizacións 2016 por liña de seguro (mill. de euros)

Liña de seguro Indemnización
Froiteiro 104,52
Herbáceos 63,73
Hortalizas 41,16
Cítricos 33,81
Uva de viño 13,99
Resto liñass agrícolas 37,63
Acuicultura 5,90
Retirada e destrución de animais 72,53
Gando 57,44
Seca en pastos 19,21
IBNR(*) 17,88
Total 467,79

(*) Dotación para sinistros ocorridos pero aínda non declarados ao peche.

— Indemnizacións 2016 por CC.AA. (mill. de euros)

Liña de seguro Indemnización
Andalucía 75,54
Extremadura 59,10
Cataluña 54,80
Murcia 54,50
Valencia 49,91
Castilla y León 34,18
Aragón 32,53
Galicia 22,47
Castilla-La Mancha 22,41
Resto CCAA 44,49
IBNR(*) 17,88
TOTAL 467,79

(*) Dotación para sinistros ocorridos pero aínda non declarados ao peche.

A pesar de que o inverno comezou sendo máis cálido do normal, febreiro trouxo consigo as primeiras xeadas. A entrada dunha masa de aire polar provocou graves danos á produción temperá de froiteiras e de almendros. A continuación, a primavera resultou chuviosa, o que facía prever en xeral unha boa colleita de cereais, excepto en Andalucía, onde a extensión da praga do comunmente coñecido como “mosquito do trigo” (Mayetiola Destrutor), que resulta incontrolable, causou graves danos.

As altas temperaturas do verán, que se prolongaron ata ben entrado setembro, non foron especialmente daniñas, aínda que si causaron danos en xirasol e oliveiral. Ademais, desde o final da primavera e practicamente ao longo de todo o verán sucedéronse varios episodios tormentosos con pedriscos de gran intensidade, entre os que destacan os rexistrados en Badaxoz e Cataluña.

Por último, durante os últimos meses do ano producíronse distintos episodios de choivas intensas, sobre todo durante os meses de novembro e decembro, con importantes danos por inundacións, así como danos causados directamente polas choivas, en especial nas comunidades autónomas de Andalucía, Comunidade Valenciana e Murcia.

Ante a incerteza que xeran estes fenómenos meteorolóxicos, incontrolables e impredicibles, a solvencia que ofrece Agroseguro converte ao seguro agrario no mecanismo de cobertura máis idóneo co que contan os agricultores e gandeiros para facer fronte a este tipo de situacións.

 

25/01/2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 25, 2017 11:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*