As cooperativas discrepan dun fallo xudicial que prexudica ás instalacións de carburantes do sector cooperativo

Agaca
Por Agaca Xaneiro 25, 2019 14:49

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

As cooperativas discrepan dun fallo xudicial que prexudica ás instalacións de carburantes do sector cooperativo

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • As limitacións que ampara o Tribunal Supremo non teñen en consideración a especificidade das estacións de servizo cooperativas nin a capacidade de enchido da maquinaria agrícola.CAE Logo

Madrid, 25 de xaneiro de 2019.- Cooperativas Agro-alimentarias de España, dende o respecto ás decisións xudiciais, amósase moi crítica e manifesta a súa desconformidade coa sentenza de 21 de xaneiro da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (recurso 639/2017), que desestimou a totalidade do recurso presentado ao Real Decreto 706/2017, que regula o funcionamento das instalacións de carburantes a vehículos.

Josep Lluís Escuer, coordinador do Grupo de Traballo Carburantes, fai unha valoración moi negativa das implicacións da decisión do Tribunal Supremo porque entende que “non se tiveron en conta as especificidades do noso sector nin a capacidade dos depósitos da maquinaria agrícola con relación ao resto de vehículos. As limitacións que se están impoñendo resultan abusivas, prexudican a todas as estacións de carburantes do sector cooperativo, atentan contra a libre competencia no mercado e restrinxen a liberdade de empresa.”

As cooperativas contan con 900 estacións de servizo que levan distribuíndo carburantes dende hai 30 anos como servizo aos seus socios. En xeral, estas instalacións atópanse localizadas en contornos rurais, onde os índices de poboación son máis baixos, e, co obxectivo de garantir a sustentabilidade do servizo, adóitase optar por un sistema de gasolineira que non obrigue a ter persoal de atención ao cliente durante as 24 horas. Este modelo, que en España ten sido defendido pola CNMC e a Secretaría Xeral de Unidade de Mercado, ten unha importante implantación en países do norte de Europa como Dinamarca, Finlandia e Suecia, onde supera o 50% do total.

En concreto, o recurso tiña como obxectivo anular e derrogar as esixencias e trabas inxustificadas e desproporcionadas que se conteñen no RD 706/2017, destacando a limitación de subministro de carburante en cada enchido a 75 litros e 3 minutos de duración, aducindo motivos de seguridade. Este extremo significa prexudicar e penalizar con subterfuxios o noso sistema de estacións automáticas, en beneficio evidente dos que as consideran competencia desleal, aínda tendo demostrado con informes periciais e técnicos que as estacións automáticas gozan de maior grao de seguridade que as estacións que contan con personal, a tenor da serie histórica de incidencias e accidentes. Ademais de ser unha restrición allea á realidade do parque de vehículos industriais que desenvolven o seu labor no sector agropecuario, onde practicamente todos contan con depósitos con capacidades superiores aos 200 litros, alcanzando a flota de camións volumes superiores aos 500 litros.

De igual maneira non se teñen aceptado as alegacións de incrementar o límite fixado no que concirne ao enchido de carburante en depósitos homologados, (limitación de 240L de gasóleo e 60L de gasolina), cando, por motivos obvios de labores en fincas rústicas, localizadas a decenas de quilómetros da estación de servizo máis próxima, é unha necesidade imperiosa contar con enchido de reserva e intervención de urxencia.

Do anteriormente exposto ponse en evidencia o craso error que a noso xuízo ten cometido o Tribunal Supremo, que non afondou suficientemente na análise da casuística que se lle presentou, xerando unhas consecuencias lesivas moi severas no sector agropecuario colateralmente nun ámbito xeográfico, no rural, cun acusado desmantelamento de servizos.

Cooperativas Agro-alimentarias de España confía en que o lexislador, ao igual que ten feito a nivel autonómico coa esixencia de contar cun empregado, rectifique e reconsidere a súa posición modificando a actual normativa, en tanto en canto a vixente é un claro atropelo e unha aberración que contravén, no só a realidade deste país, senón que é unha anomalía con respecto á existente noutros países do noso contorno.

25/01/2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 25, 2019 14:49
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*