As cooperativas agroalimentarias galegas elevan o ritmo produtivo malia o coronavirus

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2020 15:49

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Respectando as medidas sanitarias trasladadas, a actividade neste sector non cesa co fin de garantir o abastecemento dos productos nas mellores condicións de calidade e seguridade.
  • AGACA mantén o contacto permanente coas cooperativas informando e dando resposta ás múltiples cuestións que xorden cada día que pasa.
  • Incluimos informe sobre produción nos distintos subsectores e respostas a algunhas dúbidas frecuentes que chegan á Asociación.
  • Manifestamos o noso agradecemento aos servizos sanitarios, ás forzas de seguridade e ao persoal traballador das cooperativas polo rigor con que abordan os controis e protocolos marcados co fin de protexernos e darnos seguridade como consumidores.

AGROSMARTglobal-agaca-logo

O sector agroalimentario non pode deterse; é un dos casos excepcionais aos que a Administración, tanto central como autonómica, está a facilitar a actividade co fin de asegurar á cidadanía a subministración ininterrompido de alimentos. As cooperativas están traballando arreo para garantir a produción e atender ás peticións de subministracións, algo máis elevadas do habitual, mentres duplica esforzos para adaptarse aos protocolos establecidos e protexer a saúde do seu persoal.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias está apoiando ás cooperativas mantendo os servizos habituais dentro das posibilidades que permiten o respecto ás medidas de prevención e restricións na contención da expansión do virus COVID-19. Tanto o persoal como a dirección de AGACA están a atender as demandas, propostas e consultas que chegan mantendo un contacto fluído e bidireccional coas Administracións, e entidades cooperativas.

Hginio Mougán, director-xerente de AGACA indica que “Hoxe, máis que nunca, debemos poñer en valor o traballo de agricultores, gandeiros, cooperativas e o sector agroalimentario no seu conxunto que está a producir con seguridade para que toda a poboación poida consumir con plena normalidade”

A produción:

  • Froitas e hortalizas: Incremento dos pedidos da distribución. Caída forte dos pedidos no canal Horeca.
  • Carne e derivados: Aumento moi forte de pedidos, en xeral de todo tipo de carnes.
  • Ovos:Número de pedidos moi elevado que se está atendendo.
  • Patacas: Incremento moi alto de pedidos da distribución e caída importante de vendas no canal Horeca. Agárdase estabilización cara finais da semana.
  • Leite e derivados: Incremento de vendas sen producirse rotura de stocks.
  • Viño: Caída importante do canal Horeca, que para algunhas adegas é o principal canal de venda. Peche de feiras e visitas a clientes. Temor a posible desabastecemento en 2/3 semanas de diversos materiais (roscas de provedores italianos). A diminución do turismo está a provocar caída forte de vendas; especialmente acusarase na tempada da Semana Santa. Cara á exportación, cos aranceis e o Brexit, tamén se incrementa o pesimismo, sobre todo, polo efecto que poida ter a imaxe exterior de España.
  • Fabricación de pensos: normalidade de subministración e loxística, con lixeiro incremento de pedidos
  • Subministracións agrarias, agrotendas e economatos: incremento da facturación por encima do habitual. Agárdase que se estabilice cara finais da semana.
  • En xeral:
    • Onde é posible, a actividade desenvólvese por teletraballo, e servizos mínimos (traballadores de oficina de cooperativas)
    • Detéctanse algúns problemas de desprazamento ao traballo e ás fincas de viña e apiarios, polos controis de tráfico
    • Oferta de mascarillas que se usan en fitosanitarios ás autoridades.
    • Aprazamentos de reunións, asembleas etc.

Preocupa, en xeral, a loxística, co posible incremento de custos ligado: no transporte, polos riscos aos que se enfrontan os camioneiros; problemas cos retornos ao paralizarse certos sectores da economía polo que os retornos poden ser en baleiro; problemas cos contedores en diversos países, peches de fronteiras, con incertezas nos envíos.

Dúbidas frecuentes

Peche fronteiras. O Ministerio de Interior decreta o peche de fronteiras por estradas. O tráfico de mercadorías e os traballadores transfronteirizos son excepcións ao peche. Agárdase que non haxa problemas de entrada e saídas de mercadorías.

Protocolos de Actuación. Solicitude de información sobre protocolos de actuación e medidas a adoptar especialmente para as pequenas e medianas cooperativas e tamén na agroindustria fronte ao coronavirus.

Servizos. Existe inquedanza na prestación de certo tipo de servizos de veterinaria, agronómicos, de maquinaria en común, recollida de forraxe e sementeiras, … A propia Consellería do Medio Rural insiste en que neste intre non hai limitacións para prestar estes servizos, coa incorporación das medidas de prevención decretadas: emprego de luvas, lavado de mans, distancia entre traballadores etc.

Prazos solicitude axuda PAC. En canto aos prazos marcados pola administración autonómica ou estatal, están suspendidos, “non corren”. En canto aos prazos europeos, está solicitada unha ampliación de prazos.

Tendas de subministración de adubos, plantas, pensos, plásticos, ferraxería agrícola e gandería, zoosanitarios, fitosanitarios etc.: evitar aglomeracións e manter as distancias de seguridade indicadas pola Consellería de Sanidade pero agárdase que traballen con normalidade.

 

Dende a Unión de Cooperativas AGACA mantense un contacto permanente coas autoridades (Delegación do Goberno, Consellería do Medio Rural, Consellería de Economía, Ministerio de Agricultura…) para tratar de axudar a implantar as medidas excepcionais que loiten contra a enfermidade sen que se sinta danado o sistema produtivo agrario e gandeiro galego nin a subministración de alimentos á poboación.

 

17/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2020 15:49
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*