As cooperativas agroalimentarias a favor dos obxectivos verdes da UE se tamén son sustentables economicamente

Agaca
Por Agaca Maio 25, 2020 15:19
  • As cooperativas amosan o seu compromiso coas iniciativas de Bruxelas: “Pacto Verde”, as estratexias “da Granxa á Mesa” e pola Biodiversidade para 2030 e son fundamentais para lograr estes obxectivos.
  • En Galicia levamos anos traballando pola sustentabilidade económica reducindo o impacto medioambiental.

20200525_CAE_granxa-mesa-medidas-UEAs cooperativas están a favor de sacar adiante as propostas “verdes” de Bruxelas sempre e cando contemplen tamén, a sustentabilidade económica. As entidades representativas, Unión de Cooperativas AGACA e Cooperativas Agro-alimentarias de España amosan a súa adscrición ás iniciativas europeas presentadas estes días pola Comisión: “Pacto Verde”, ”Da Granxa á Mesa” e “Biodiversidade para 2030”, destinadas a modificar o modelo produtivo agroalimentario europeo para loitar contra o cambio climático pero procurando un sector rendible.

Dende AGACA expresamos a nosa total coincidencia coa nota publicada pola entidade nacional:

“Preocupa que a Comisión Europea abra o debate cuns obxectivos medioambientais moi ambiciosos, sen ter en conta a falta de rendibilidade dun sector produtor que demostrou ser básico no abastecemento de alimentos á sociedade, mentres estivo confinada pola pandemia da COVID-19.

Para alcanzar os obxectivos será fundamental deseñar medidas de impulso estrutural que sirvan para encarrilar o desequilibrio na cadea alimentaria onde o sector produtor é o elo máis débil e o primeiro en sufrir. Tamén será necesario abordar a perda de competitividade dun modelo produtivo europeo que será máis esixente, respecto dos produtos importados producidos con condicións menos restritivas, o que é imposible de controlar en fronteira (reciprocidade efectiva).

Os obxectivos que se marquen deberán estar baseados na evidencia científica, en estudos de impacto e investigación de alternativas, e non en opcións ideolóxicas. Tamén se necesitará un gran investimento público e uns prazos de adaptación realistas.

As cooperativas agroalimentarias e os enfoques colectivos serán clave para que os agricultores e gandeiros poidan alcanzar e achegar resultados cunha maior eficiencia produtiva e económica, porque se trata de producir bens públicos ambientais que todos gozaremos e que o mercado non remunera.

As cooperativas agroalimentarias son as empresas que, estando en mans de agricultores e gandeiros, poderán aplicar os cambios tendo en conta a realidade de cada explotación, de maneira menos custosa e eficiente para o produtor, asegurando un maior impacto positivo no  medioambiente, ademais de  verificable. Ademais, as cooperativas reforzan a posición dos produtores na cadea e manteñen a súa competitividade nos mercados. Por tanto, son estruturas empresariais que se deben reforzar para asegurar a produción de bens públicos no mercado, sen deixar aos agricultores e gandeiros detrás, porque son as únicas capaces de xerar maior valor e transmitir o beneficio que xeran.

A sociedade debe saber, contrariamente ao que se poida percibir, que agricultores e gandeiros levan máis de 30 anos traballando por mellorar a sustentabilidade ambiental das súas explotacións. Dende 1990 o sector reduciu nun 20% as súas emisións e un 18 % as súas verteduras de nitratos aos ríos, segundo datos da propia Comisión Europea. Estamos convencidos de que a innovación e un maior coñecemento contribuirán a facer máis, pero os poderes públicos deben comunicar á sociedade a realidade do conxunto do sector, informando e fuxindo de visións negativas, porque a agricultura e a gandería son parte da solución e non o problema.

Dende as cooperativas estamos absolutamente comprometidos cunha dieta e os hábitos de consumo de alimentos sans, que consideramos alcanzaranse progresivamente con políticas de educación e formación, e non culpabilizando producións, como a gandeira, que son vitais nas nosas dietas, ademais de conseguir unha xestión territorial sostible económica, social e medioambientalmente”.

AGACA

Dende AGACA xa estamos a traballar en numerosos proxectos encamiñados ao cumprimento dos requisitos que marca nesta estratexia, a Comisión Europea.

Os proxectos de sustentabilidade ambiental e de biodiversidade nos que colaboramos actualmente ou nos que temos colaborado proporcionan preparación xa xestión e no coñecemento técnico das cooperativas e das granxas galegas. Neste senso, son destacables os seguintes proxectos en execución ou xa desenvolvidos:

1º.- Proxecto CEPES/POISES (Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social), “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún de leite mediante asesoramento para a redución da Pegada de Carbono e a Pegada Hídrica”. Proxecto de gran impacto e primeiro na súa categoría, en España.

2º.- O proxecto H2020 Go-Grass de “Modelos de negocios circulares baseados en pastos para cadeas de valor agroalimentarias rurais” ten por obxectivo principal crear novas áreas rurais baseadas en pastos e forraxes verdes que se demostrarán eficientes en catro rexións da UE.

3º.- Proxecto H-2020 SCOoPE dirixido á industria cooperativa agroalimentaria con elevados consumos enerxéticos, busca o desenvolvemento e incorporación dun Sistema de Xestión Enerxética nas cooperativas que permita a mellora da eficiencia enerxética nos procesos produtivos das agroindustrias.

25/05/2020

Agaca
Por Agaca Maio 25, 2020 15:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*