Arrinca o Grupo Operativo Estatal BIOVITI que pretende utilizar a biodiversidade como ferramenta competitiva para os viticultores

Agaca
Por Agaca Agosto 8, 2018 13:26

ACTIVIDADES

Decembro 2018

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega 140

    Cooperación Galega nº 140 – Octubre 2018

    Editorial- A cuarta revolución industrial
    A Fondo- AIRA e DAIRYLAC vistas polo seu presidente e director
    Caderno Técnico- Implantación e manexo de praderías de leguminosas anuais biodiversas para zonas de seca no verán

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Arrinca o Grupo Operativo Estatal  BIOVITI que pretende utilizar a biodiversidade como ferramenta competitiva para os viticultores

  • A primeira reunión das 6 entidades do Grupo, entre as que se atopa a  Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) como unha socia en Galicia, tivo lugar estes días en Valencia.
  • Froito do proxecto deseñaranse e monitoraranse boas prácticas en viticultura ademais de diverso material formativo para axudar á súa implantación no sector. Tamén aspira a lograr plans de medidas, dirixidos ás Administracións públicas, para ser implementados nas súas políticas e regulamentos.

BIOVITI-logo-436x171

O grupo operativo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación #Bioviti, que pretende utilizar a biodiversidade como ferramenta de competitividade para os viticultores, acaba de dar os seus primeiros pasos cunha reunión celebrada en  València.

A Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias  (AGACA) é unha das entidades que traballa para desenvolver o proxecto, o cal coordina UNIÒ de Llauradors e ten como socios a outras entidades relevantes do sector como a  DO Viños  Utiel-Requena, Fundación Global  Nature, Unión de Campesiños de Castela e León ( UCCL) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Este grupo pretende favorecer a biodiversidade na produción de viño desde unha dobre perspectiva, a ambiental mediante a recuperación do chan en particular e do ecosistema en xeral e, a económica, para reducir o uso de fitosanitarios e dotar de valor engadido á comercialización destes viños.

O obxectivo final deste Grupo Operativo é que todos os socios traballen conxuntamente para definir e tentar poñer en marcha un gran proxecto onde se pretenden identificar as prácticas máis idóneas para a mellora nas explotacións de viñedos utilizando a biodiversidade como servizo  ecosistémico. Ademais, o proxecto vai contemplar a realización, control, vixilancia e seguimento destas boas prácticas, como son:

  • Cubiertas Vexetais. Partindo do tipo de chan, a climatoloxía e o réxime de precipitacións e/ou rega, deberíase poder establecer o tipo de cuberta vexetal máis adecuada. Variables en canto a estacionalidade, tipo de chan, tipo de cuberta…
  • Sebes e outras infraestruturas ecolóxicas. Valorar como os sebes, árbores, e demais infraestruturas frean a erosión e fan de  reservorio da biodiversidade.
  • Agrodiversidade. Baseándose nas variedades autóctonas de cada zona, habería que avaliar, comparativamente coas non locais, a estabilidade en rendemento mesmo ante circunstancias climáticas adversas, a resiliencia ante as pragas, a adaptación ao cambio climático.

Os principais resultados do grupo operativo vanse publicar na web que se está construíndo para ese efecto, así como todos os materiais formativos xerados. Ademais, como a maioría dos compoñentes do Grupo xa teñen experiencia na xestión da biodiversidade e na execución de proxectos vaise utilizar a web para poñer a disposición dos interesados material sobre a xestión da biodiversidade como instrumento positivo cara á agricultura.

Outros dos resultados da posta en marcha do proxecto final deste grupo operativo vai ser a creación de:

  • Manuais, guías, formación e información dirixidas aos viticultores e adegas para que as poidan implementar nas súas explotacións ou instalacións.
  • Plans de medidas políticas e de regulamentos dirixido ás Administracións públicas e ás Denominacións de Orixe co obxectivo que o poidan implementar nas súas políticas ou regulamentos.

O Grupo Operativo está subvencionado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación con fondos provenientes do  FEADER e dentro do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural. O orzamento para a preparación do proxecto innovador ascende a aproximadamente 40.000 €.

08/08/2018

Agaca
Por Agaca Agosto 8, 2018 13:26
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*