Alumnos de Ferrol descobren con AGACA e Rede Eusumo o funcionamento das cooperativas

Agaca
Por Agaca Marzo 2, 2016 12:35

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Alumnos de Ferrol descobren con AGACA e Rede Eusumo o funcionamento das cooperativas

  • O Centro da Rede Eusumo, Fundación Terra de Trasancos (Narón), acollerá mañá a estudantes do IES Saturnino Montojo (Ferrol).
  • Participarán nunha charla informativa e percorrerán as instalacións da cooperativa Santa María do Val.
  • A actividade enmárcase na Rede Eusumo para o para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

Técnicos de AGACA impartirán mañá unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento ou de crecemento laboral e económico para o alumnado dun dos ciclos medios de formación profesional do ferrolán IES Saturnino Montojo. O obxectivo da actividade, enmarcada nun dos “Obradoiros de Emprendemento Cooperativo Eusumo” é darlles a coñecer este modelo de negocio e que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos.

Os estudantes, logo da charla teórica, poderán visitar as instalacións da cooperativa Santa María do Val, dedicada a proporcionar servizos e insumos agropecuarios, onde os traballadores lles amosarán paso a paso os pormenores do funcionamento dunha sociedade destas características.

Rede Eusumo
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, naci¬da no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Agaca
Por Agaca Marzo 2, 2016 12:35
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*