Alumnado dun obradoiro de emprego aprende cooperativismo con AGACA e Casa Grande de Xanceda

Agaca
Por Agaca Xullo 3, 2019 14:23

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Participantes no Obradoiro Dual de Empleo “Terras da Montaña II” asistiron esta mañá a un Obradoiro sobre economía social organizado por AGACA na SAT Casa Grande de Xanceda.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo.

Esta mañá celebrouse na SAT Casa Grande de Xanceda un obradoiro “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, da Rede Eusumo, para aprender as características do cooperativismo como opción de negocio que pode xerar emprego e prosperar no medio rural.

Participaron 21 persoas procedentes do Obradoiro Dual de Emprego “Terras da Montaña II”, impartido en Sobrado dos Monxes coa colaboración dos Concellos de Curtis e Vilasantar, e centrado en viveiros e en todo tipo de tarefas relacionadas con xardinería.

Como exemplo de entidade que opera con éxito dentro do modelo da economía social, os estudantes visitaron as instalacións da Casa Grande de Xanceda, unha sociedade agraria de transformación que conta cunha das maiores granxas de produción ecolóxica con fábrica de produtos lácteos en Galicia.

A directora do Obradoiro Dual de Emprego, Ángeles Boado, valorou positivamente aprender como funciona unha sociedade agraria e afirmou: “Sorprendeu moito a cantidade de xente que traballa aquí e o seu interese desmesurado polo respecto ao medio ambiente e aos animais”.

Rede Eusumo

20190618_logos-REDE-EUSUMO

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

03/07/2019

 

 

 

Agaca
Por Agaca Xullo 3, 2019 14:23
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*