Alumnado do Otero Pedrayo aprende a cooperar xogando e almorzar coidándose

Agaca
Por Agaca Marzo 10, 2020 16:14

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

otero pedrayo rec

  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) realizou esta mañá o taller “Almorzos Cooperativos” co alumnado do CEIP Otero Pedrayo (Vigo).
  • A actividade enmárcase na Rede Eusumo.

Estudantes de terceiro e cuarto de primaria do colexio vigués Otero Pedrayo participaron esta mañá nun dos obradoiros do ciclo “Almorzos Cooperativos”, que promove a alimentación sa e dá visibilidade ao rol das cooperativas na produción alimentaria. Máis de 400 escolares de toda Galicia participaron no ciclo este ano.

Durante a actividade María Fernández, nutricionista, recalcou que a clave dun almorzo san é atopar alimentos saudables que gusten e senten ben. Para iso, animou ao alumnado a probar novos sabores e a cociñar receitas sinxelas coma torradas, que admiten combinacións equilibradas coma ravo con queixo ou aguacate con ovo. Tamén recomendou limitar o consumo de alimentos procesados e de zumes –mesmo os naturais– en favor de froitas de tempada ou batidos caseiros con lácteos, xa que ao aproveitar a parte sólida da froita achegan máis nutrientes e sacian mellor. Como exemplo realizouse unha degustación de leite, mandarinas e pan con aceite.

O concepto de cooperativismo explicouse mediante xogos deseñados para promover a colaboración entre participantes, así como a través dun cómic que recibiu cada participante.

Microrrelatos

Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo promoven concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria. O seu obxectivo é fomentar a escritura e o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases aquí ou chamando ao 981 584 783.

Rede Eusumo

Estas actividades se enmárcanse no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

20190618_logos-REDE-EUSUMO

10/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 10, 2020 16:14
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*