Almozos saudables e didácticos para escolares de Ourense

Agaca
Por Agaca Xaneiro 14, 2016 18:58
  • Unha vintena de estudantes do CEIP Curros Enríquez (Ourense) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, onde recibiron consellos sobre almorzos saudables con produtos galegos e sobre o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa.

Os estudantes do segundo ciclo de primaria do CEIP Curros Enríquez, en Ourense, participaron esta mañá na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, onde aprenderon as diferentes opcións que existen para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.

Grazas ao formato lúdico e didáctico, os nenos e nenas, puideron intervir coas súas suxestións de menú, que foron valoradas pola nutricionista María Fernández, a cargo de impartir a charla formativa. A modo de exemplo de almorzo san e completo, degustaron un menú formado por leite enteiro con cacao puro e mel, torradas de pan galego con aceite e froita.

Ademais, mediante un xogo en grupo, os nenos e nenas aprenderon os procesos polos que pasa o leite dende que é extraído na granxa ata que chega aos fogares, para dar visibilidade e por en valor os empregos e a riqueza produtiva vencellados ao sector agroalimentario galego.

Compromiso social
AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa para impulsar correcta alimentación dos nenos en nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de por en valor os produtos do agro galego.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 14, 2016 18:58
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*