Almorzos sans e educativos para estudantes do CEIP das Fontiñas

Agaca
Por Agaca Decembro 11, 2015 15:15

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Cincuenta estudantes do CEIP das Fontiñas (Santiago de Compostela), participaron esta mañá nunha xornada do programa “Almorz@ con Beizos Brancos”.
  • A actividade inclúe unha charla didáctica sobre alimentación sa, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.
  • Belén do Campo, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou na Xornada.

Os alumnos e alumnas do terceiro curso de primaria do compostelán CEIP das Fontiñas tomaron parte nas actividades de “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” co fin de promover unha nutrición sa entre os escolares, así como facerlles notar a riqueza dos produtos do agro galego.

Alimentar e educar
Almorz@ con Beizos BrancosA activa participación dos estudantes foi unha das bases da actividade: os nenos e nenas puideron propoñer diferentes tipos de produtos para almorzar, sobre os que recibiron información nutricional e diversas alternativas saudables, animándoos a que as incorporen diariamente aos seus almorzos e os das súas familias, para que sexan o máis completos posible.

A directora xeral incidiu na importancia dos almorzos, que deben supoñer unha achega enerxética e nutritiva axeitada “para comezar o día con forza e poder estar ben na escola” e repartiu cartóns de leite coa marca de calidade “Galega 100%”, co fin de enfatizar o consumo dos lácteos de orixe galega.

A nutricionista María Fernández foi a encargada de conducir a charla informativa, na que se ofrecían diversos consellos para mellorar os tipos de almorzo que se poden tomar, incorporando produtos pouco empregados coma o aguacate ou a froita fresca, no canto da manteiga ou os zumes embotellados, entre outros.

A modo de exemplo de almorzo completo e saudable, os estudantes probaron pan galego con aceite, maNdarinas e leite con cacao e mel.

Complementando a información alimentaria, un xogo educativo explicou aos participantes todos os procesos polos que pasa o leite dende que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos, co fin de poñer de relevancia non só o valor dos lácteos na dieta senón tamén unha mostra dos traballos e tarefas que compoñen sector agroalimentario.

Agaca
Por Agaca Decembro 11, 2015 15:15
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*